22 de diciembre de 2012

BO NADAL FAMILIAS

Os vosos fillos e fillas elixiron unha das moitas panxoliñas que cantamos este nadal para felicitarvos nestas datas.


OS NOSOS VIDEOS

10 de diciembre de 2012

CONTO DA CONSTITUCIÓN PARA TRABALLAR

Dentro das datas de obrigada conmemoración nas aulas temos a da Constitución e con este conto no que eles participen dun xeito ameno, contextualizado pretendemos achegalos a elaboración dunha idea do que é isto da Constución que lles é moi abstracto e alleo.

CONTO DA CONSTITUCIÓN PARA VER E ESCOITAR

Dentro das datas de obrigada conmemoración nas aulas temos  a da Constitución e este ano traballamola a partir deste conto, que foi elaborado tamén noutro formato para que os nenos.as traballaran nel e fixeran participes aos seus pais e nais do conto. Os nomes e queixas dos animais captaron a súa atención e a contextualización fixo que se crearan unha idea de un concepto que en principio lles é abstracto e alleo.

9 de noviembre de 2012

XOGO DE LECTOESCRITURA

Este xogo é do método de lectoescritura que empregamos no nivel de 4 anos.

XOGOS

6 de noviembre de 2012

O OUTONO EN INFANTIL (4 ANOS B)

O outono xa chegou a infantil . Don Outono chegou e tódolos pais e  nais ramas e follas nos levaron e máis cabazas, cabazos, millo, ourizos, castañas, landras, mazás, limóns, laranxas, figos, uvas e moitos outros que nin as profes coñeciamos polo que tivemos que documentarnos.

30 de octubre de 2012

AS PRIMEIRAS FOTOS DO CURSO

Aló por setembro comezamos unha nova aventura......mirade como eran neses días.....

9 de octubre de 2012

CANCIÓN "MANOS"

Na unidade de traballo do corpo aprendimos esta canción que cantan e bailan e non se cansan dela. Sempre están dispostos a tal baile, aínda que algún e algunha  perdense na dereita-esquerda.

28 de septiembre de 2012

FILAS

Non é doado que vaian en filas porque sempre hai algo diante, detrais, a un lado, ao outro , arriba, debaixo , en fin...que esperte a súa atención polo nque a música  axudalles a concentrarse na travesía . Esta é a canción máis curta e efectiva.O video é de cando tiñan 3 anos. 

27 de septiembre de 2012

FELIZ EN TU DÍA

Outra das canción do repertorio de cumples. Este é un ensaio aos 3 anos.

CUMPLEAÑOS FELIZ

Como xa apuntei por algún sitio nos cumples cantamos todo un repertorio que aprenderon aos 3 anos. Aqúi os tedes ensaiando a de cumpleanos feliz.

26 de septiembre de 2012

A PRINCESA I

Emsaio aos tres anos da canción da princesita "i" de letrilandia. Esta ano cantamos a nova versión.

EL REY U

Aos tres anos xa lles gustaban moito as cancións de letrilandia , este ano tamén nas cantan pero na nova versión.

25 de septiembre de 2012

CONTANDO DE XEITO DECRECENTE

Neste video tiñan 3 anos, o encargado rodeou a data no calendario "19" e todos contan de xeito decrecente desde o 19, algúns axudanse dos dedos que son cangrexos que camiñan para atras. No video necesitan axuda de cando en vez pero na actualidade a maioria é capaz de facelo sen ningún tipo de axuda.

CONTANDO DE XEITO CRECENTE

A nosa asamblea é longa e nela teñen cabida moitas actividades (o saúdo, o tempo que vai, o mes, o día, os bits, algún que outro baile , acanción da nosa mascota...) e unha delas e rodeala data no calendario e contar ata ela de xeito crecente (aplaudindo) e de xeito decrecente (os seus dedos son
cangrexos que camiñan para atras) . Neste video tiñan 3 aniños e xa o fan estupendamente.Na actualidade case todos asocian grafía e cantidade e son capaces de escribir series crecentes e decrecentes ata o nº traballado graficamente ( imos traballando o 6).

24 de septiembre de 2012

A GUARDAR

Unha loita con calquer rapaz presentase seguriño á hora de gardar de recoller aquilo que utilizou, non teñen problemas para quitar cousas, espallalas, movelas por mover... ¡e tocalles recoller!, dan voltas e voltas pero as cousas non van solas...¡uf! non me queda outra e alixeiranse un pouco a súa magoa axudandose desta canción. No video veredes que está Sonia e tamén que están distintos porque o video é de cando tiñan 3 anos.

18 de septiembre de 2012

¿QUE TEMPO VAI?

Na asamblea tamén comprobamos como vai o día ¿nubrado, soleado, chovendo, ventoso...? O encargado ten que poñelo e como lles encanta movela roda do tempo algún di que na súa rua facia sol (meus pobres é que leva uns 40 días chovendo e a frecha está sempre no mesmo sitio).

17 de septiembre de 2012

DÍAS DA SEMANA

Tódolos días na asamblea cantamos a canción dos días da semana para ir axudandolles na súa percepción e no coñecemento de todo o relacionado co tempo (concepción moi abstracta para eles, hoxe é onte, onte é hoxe...). ¿Qú día é?, ¿Onte foi?, ¿mañá será?...A verdade e que lles é costa arriba polo que tratamos de convertilo en costa abaixo coa axuda de moitas asociacións e o traballo diario de moitas secuencias temporais.

SILENCIO

Os nenos custalles moito estar caladiños, aínda que lles esté  interesando eles sempre teñen algo para engadir , interrumpir e chamala atención. As veces cando se desbordan e non hai que nos cale a mellor saida é cantar , despistandoos , aunanse a canción e volven a centrar. Unha das cancións para chamar ao silencio é esta.

14 de septiembre de 2012

TEACHER

Na unidade de traballo " comezamos a escola " aprendimos esta canción.

HOLA BUENOS DÍAS

Tódalas mañas sentamos na asamblea e o primeiriño que facemos é a canción do saúdo " HOLA BUENOS DÍAS".

30 de mayo de 2012

14 de abril de 2012

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Na  PDI  xogamos a disfrazarnos e fartamonos a rir cos resultados polo que decidín recollelos nun video. Espero que o pasedes ben tentando recoñecer aos vosos fillos-as porque algunha non atopou máis cousas para votarse enriba. De tódolos xeitos nos creditos van as personaxes pola orde de actuación. (¡Moita sorter ! precisaredela). 

OS NOSOS VIDEOS

30 de marzo de 2012

PASARELA DO ANTROIDO 2012

O día do antroido no cole  fixemos na aula un pase de modelos, a algunha custoulle subir a pasarela cos tacóns porque tiña medo a caer. A verdade é que foi un antroido divertrido, moi divertido, menos para o pobre de Nico que pasou todo o ano abrindo e pechando portas e tivo consecuencias nefastas neste día.
O problema foi que choraba e choraba e non sabiamos que lle pasaba ata que nos fixamos no seu dediño. Agora Nico xa non quere ser porteiro ¡non hai mal que por ben non veña!. Algún que viña sin disfraz , animouse e buscamos no baúl da aula....
Os que non están e que non viñeron ese día a escola, a excepción de Alberto que chegou máis tarde e sairá no paseo polo patio e na festa que están pendientes.