Mostrando entradas con la etiqueta ORIENTACIÓNS PARA O VERÁN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ORIENTACIÓNS PARA O VERÁN. Mostrar todas las entradas

15 de julio de 2013

E NO VERÁN ... ( 3 )

Aquí tedes unha serie de actividades coas que se pretende que o neno-a se centre un anaquiño na actividade elexida con ganas de facelo moi ben ,correctamente sentado, collendo ben o util (lapis, punzón, tesoiras, cores rotuladores...), con calma e moito tino... O desexable é que o traballo quede perfecto polo que faremos un e non un cento para non cansalos. Hai todalas habilidades traballadas no curso (recorte, debuxo, coloreado, laberintos, series, grafomotricidade, sumas...) e como teñen distintos niveis podedes elexir as que máis se axeiten a cada neno-a, podendo avanzar ou recuar segundo vexades.

E NO VERÁN ... ( 2 )

Como o prometido é debeda , aquí vos deixo unha morea de contos de iniciación lectora moi divertidos. So tedes que ir a biblioteca e atopalos que se correspondan cos fonemas coñecidos polos nenos.
¡ QUE SATISFEITO VAI QUEDAR CANDO SEXA EL QUEN VOS LEA !

E NO VERÁN ... (1)