25 de enero de 2013

REACCIÓN A VISITA DO PIRATA MAJARETA

Eu estaba agardando que chegaran coa cámara preparada para grabar todo o que me contaran da visita, pero como veredes corrimos moito perigo tanto a cámara coma eu porque casi acabamos no chan e comezaron a rodearme , falando todos a un tempo, auténticos pitiños fervendo e quedeime coas ganas, máis como din que unha foto vale máis que mil palabras...O que me quedou claro e que a viviron intensamente.

A VISITA DO PIRATA MAJARETA

Estamos a voltas cos piratas e como motivación artellamos a visita do Pirata Majareta, un pirata  que quedou mudo ao quedarselle enroscada un rabo dunha rata na garganta ( unha rata xigante que criou con toda a súa maldade e carraxe o pirata Turuleta)...Os nenos-as levaban días agardando a súa visita e por fin chegou ese día... Estaban eles na PDI coa  súa  profe de música snbsp;(Mónica) e tamén coa profe de inglés (Eugenia) que portaba unha cámara de video ....cando chegou o afamado pirata... Bueno isto foi o que os nenos-as me contaron cando voltaron a nosa aula onde eu estaba a traballar....Viñan moi nerviosos e alborotados porque pensaban que era eu e como me viron sentadiña e sin disfrazar, os seus nervios aumentaron e todos falaban a un tempo... unha toleria... e por fin entregaronme unha caixa que lles deixou Majareta  cargadiña de traballos para facer.

OS NOSOS VIDEOS

9 de enero de 2013

PARABENS LEIRE

O día do aniversario cantamos unha morea de cancións, tódalas  que coñecemos tanto en inglés como en castelán e tamén coreamos outras versión como "urra!, ¡ campeón/a", "es una chica/o excelente"...polo que contan os días no calendario que faltan para a súa data  (acaban de celebralo e xa pensan que nuns días pasou outro ano) . A verdade e que me dan unha envexa por esa concepción que teñen do tempo (e que non deixa de ser un concepto moi abstracto para estas idades).
A canción estrela é en galego "PARABENS", por iso decidín subila para que os escoitedes, subirei outra doutro ao azar e xa porque é máis do mesmo.

ANIVERSARIO DE LEIRE

O 9 de xaneiro foi o aniversario de Leire ¡5 aniños xa! , pero como din eles aínda pode estar na clase de 4 anos. Foi a protagonista do día  (fotos, cancións, bicos carantoñas ...) e agasallounos cunhas galletiñas que tiñan unha presentación espectacular.

XOGO DAS CORES

Con este xogo poden divertirse repasando as cores e as mesturas. Sempre están dispostos para face-las  mesturas, untar as mans de distinta cor e logo refregalas para vela maxia desa nova cor que xurde.O mesmo facemos no papel, cor sobre cor, mesturar e logo expandir, o problema é que expanden  moito e non se axustan ao debuxo que teñen que pintar. Facemos moitas actividades de pintura a dedo, témpera, estampado, pincel ... pero  a eles o que máis lles gusta é enzoufar, enzoufar, enzoufar.... Non sucede o mesmo cos lapis, ceras, rotuladores... Qué terá a pintura a dedo, a témpera para que lles faiga perder tanto o tino?


XOGOS