Mostrando entradas con la etiqueta OS NOSOS RETRATOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OS NOSOS RETRATOS. Mostrar todas las entradas

5 de abril de 2013

PIRATAS FAMOSOS

A tripulación do Pirata Majareta xa é famosa e "codease" con personaxes de alta alcurnia como veredes na seguinte presentación.(PASADE AS DIAPOSITIVAS COAS FRECHAS DE ABAIXO)

View more presentations or Upload your own.

22 de marzo de 2013

CAZA DO TESOURO DO PIRATA MAJARETA

Auga, auga , auga e máis auga , tódolos dias chovendo ...e as  Piratas Capitanas ( Graciosa e Tartaruga) non lles queda outra que unha adaptación  da  caza do tesouro  ao mal tempo.
Como veredes tardaron máis en chegar a acordos para iniciala caza que en atopalos mapas que agochou o Pirata Majareta. O pirata tivo a boa idea de deixarlles un mapa para cada neno-a (¡cantas liortas evitou).

A CAZA DO TESOURO REMATOU ¡ FELICIDADES OS MEUS PIRATILLAS !

Os piratas superaron todas as probas do gran Pirata Majareta e diríxense á biblioteca a buscar o tesouro. É unha tarefa dificil porque nos estantes da nosa biblioteca hai tesouros e máis tesouros (en cada libro agochase un). Encontrarano alí? Será unha broma do pirata? Buscaron e buscaron e por fin encontrarono. Caras sorrintes, suspiros e nervios... Á clase volveron co saco do tesouro e democraticamente repartironseo. Xa son millonarios pero despois das vacacións virán  e viviremos novas aventuras  para  enriquecer as súas mentes .

Á ABORDAXE

Os piratas prepáranse para unha dura travesía, izan as velas e a bandeira negra, alistan as súas armas e un bo día chegou a abordaxe. Son divertidos, implacables, tiranos pero conseguiron o seu merecido botín sin izar a bandeira vermella.

18 de marzo de 2013

ANTROIDO 2013

Non están todos os que son nin son todos os que están por mor da gripe houbo moitas baixas e os que viñeron non estaban nas mellores condicións polo que este ano o antroido no cole non foi dos mellores.

9 de marzo de 2013

" O MAJARA, O NOSO BARCO PIRATA"

Para formar parte da tripulación do Pirata Majareta tiñamos que ter un bo barco e todos traballamos moitisimno para conseguilo. O primeiro en embarcar foi  o Pirata Espada Negra ( Alberto) para comprobar si todo estaba ben ( revisou as velas, os cañóns, a bandeira, a torre de vigía, o timón...) e por fin sorriu e desembarcou. ¡ O MAJARA ESTÁ REMATADO! . ¿É un bo barco, non si?.

¿PROBANDO COMO NOS QUEDARÁN OS TRAXES PIRATAS?

Temos que facelos traxes piratas pero aínda non artellamos cómo. Imos probar distintos modelos para ver como nos sentará a vestimenta pirata. Nos queremos ser uns piratas bos e elegantes. e ¿tu que dis , estamos ou non estamos elegantes con estes modelitos piratas.

6 de noviembre de 2012

O OUTONO EN INFANTIL (4 ANOS B)

O outono xa chegou a infantil . Don Outono chegou e tódolos pais e  nais ramas e follas nos levaron e máis cabazas, cabazos, millo, ourizos, castañas, landras, mazás, limóns, laranxas, figos, uvas e moitos outros que nin as profes coñeciamos polo que tivemos que documentarnos.

30 de marzo de 2012

PASARELA DO ANTROIDO 2012

O día do antroido no cole  fixemos na aula un pase de modelos, a algunha custoulle subir a pasarela cos tacóns porque tiña medo a caer. A verdade é que foi un antroido divertrido, moi divertido, menos para o pobre de Nico que pasou todo o ano abrindo e pechando portas e tivo consecuencias nefastas neste día.
O problema foi que choraba e choraba e non sabiamos que lle pasaba ata que nos fixamos no seu dediño. Agora Nico xa non quere ser porteiro ¡non hai mal que por ben non veña!. Algún que viña sin disfraz , animouse e buscamos no baúl da aula....
Os que non están e que non viñeron ese día a escola, a excepción de Alberto que chegou máis tarde e sairá no paseo polo patio e na festa que están pendientes.