Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS. Mostrar todas las entradas

28 de abril de 2013

XOGAMOS COS SONS

Un divertido xogo que a través de distintos temas (a escola, o barrio, as cousas e  a granxa ) presenta diversas actividades para traballala discriminación auditiva .
http://conteni2.educarex.es/mats/11340/contenido/index2.html

1 de abril de 2013

APRENDE XOGANDO CON PELAYO E A SÚA PANDA ( NEA INFANTIL ). ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL.

Recopilatorio das unidades didácticas de Educación Infantil , en formato multimedia da PLATAFORMA NEA , da Consellería de Educación do Principado de Asturias. Son 75 unidades didácticas ( 25 por cada Área ) e cada unha componse de seccións ( Atender, Xogar, Escoitar, ver e Tocar ).
Para imprimir ou gardar fichas da sección "Tocar" tedes que escribir con letra minúscula a palabra "nea" (esa é a clave).
Neste primeiro recopilatorio inclúense as 25 unidades da área de Identidade e Autonomía Persoal.
PINCHADE EN CADA IMAXE PARA IR ÁS DISTINTAS UNIDADES.  

APRENDE XOGANDO CON PELAYO E A SÚA PANDA (NEA INFANTIL). ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO.

Recopilatorio das unidades didácticas de Educación Infantil en formato multimedia da PLATAFORMA NEA da Consellería de Educación do Principado de Asturias. Son 75 unidades (25 por cada Área) e cada unha delas componse de Seccións (Atender, Xogar, Escoitar, Ver e Tocar).
Para imprimir ou gardar fichas da Sección "TOCAR" tedes que escribir con letra minúscula a palabra "nea" (esa é a clave). Neste 2º recopilatorio inclúense as 25 unidades da Área de Coñecemento do Contorno.
PINCHADE EN CADA IMAXE PARA IR ÁS DISTINTAS UNIDADES.

APRENDE XOGANDO CON PELAYO E A SÚA PANDA (NEA INFANTIL). ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Recopilatorio das unidades didácticas de Educación Infantil en formato multimedia da PLATAFORMA NEA da Consellería de Educación do Principado de Asturias. Son 75 unidades (25 por cada área) e cada unha componse de Seccións (Atender, Xogar, Escoitar, Ver e Tocar).
Para imprimir ou gardar Fichas da Sección "Tocar" tedes que escribir con letra minúscula a palabra "nea" (esa é a clave).
Neste 3º recopilatorio inclúense as 25 unidades da área de Comunicación e Representación.
PINCHADE EN CADA IMAXE PARA IR ÁS DISTINTAS UNIDADES.

12 de marzo de 2013

¡POLA BORDA AOS TIBURÓNS!

DIANTE         ...      A BABOR
DETRAIS       ...      A POPA
DEREITA       ...      A ESTRIBOR
ESQUERDA    ...      A BABOR
DEBAIXO      ...       A QUILLA 
ARRIBA        ...       O VELAMEN
E  O QUE NON O SABE
TIRASE POLA BORDA ¡AOS TIBURÓNS! ( QUE XOGUEN OU QUEDAREDES SIN NENOS)

5 de febrero de 2013

XOGO DE PIRATAS

Estamos a voltas cos piratas e os nenos-as están encantados con este tema de traballo. Este é un dos xogos que lles gusta.
¡Xogo de piratas!   
XOGOS

9 de enero de 2013

XOGO DAS CORES

Con este xogo poden divertirse repasando as cores e as mesturas. Sempre están dispostos para face-las  mesturas, untar as mans de distinta cor e logo refregalas para vela maxia desa nova cor que xurde.O mesmo facemos no papel, cor sobre cor, mesturar e logo expandir, o problema é que expanden  moito e non se axustan ao debuxo que teñen que pintar. Facemos moitas actividades de pintura a dedo, témpera, estampado, pincel ... pero  a eles o que máis lles gusta é enzoufar, enzoufar, enzoufar.... Non sucede o mesmo cos lapis, ceras, rotuladores... Qué terá a pintura a dedo, a témpera para que lles faiga perder tanto o tino?


XOGOS

9 de noviembre de 2012

XOGO DE LECTOESCRITURA

Este xogo é do método de lectoescritura que empregamos no nivel de 4 anos.

XOGOS