O noso cole é moi solidario e participa en todas las campañas que coñece e polo tanto tamén na xuntanza de tapóns. Eu na miña aula teño como un dos obxectivos prioritarios o traballar os valores e a solidaridade é un deles.
Aínda que os nenos entenden que con eses tapóns un neno vai poder ter unha cadeira de rodas, levar unha protesis, facer unha operación... coma nenos que son a alegría, o compromiso de axudar . de sentirse importantes na causa é momentaneo. Por iso hai que buscalo xeito de que se convirta nunha rutina e sexan eles os enccargados de conciecialos pais na causa.
Comezamos coa xuntanza de tapóns no almorzo e por grupiños ian conmigo levalos a sala de profes (que está no primeiro piso). Desde alí vense os tellados cheos de gaivotas, os seus niños e unha vista do patio do recreo sensacional. Isto fixo que comezasen a chegar a aula moreas de tapóns que unha vez a semana eu os metia en varias bolsas e con outro grupiño os subiamos...
Agora todo omundo trae tapóns porque quere asomarse as fiestras do primeiro piso e ver as gaivotas, os niños, o patio. Como rematamos o cole decidimos ir todos xuntos a levalos tapón que tiñamos e pedinlle axuda a profe Mónica de Psicomotricidade porque hai moitas escaleiras que subir e baixar (deixamos un saco cheo que acomodou a coidadora Carmen como puido, Carmen axudanos sempre cando os subimos).