28 de septiembre de 2012

FILAS

Non é doado que vaian en filas porque sempre hai algo diante, detrais, a un lado, ao outro , arriba, debaixo , en fin...que esperte a súa atención polo nque a música  axudalles a concentrarse na travesía . Esta é a canción máis curta e efectiva.O video é de cando tiñan 3 anos. 

27 de septiembre de 2012

FELIZ EN TU DÍA

Outra das canción do repertorio de cumples. Este é un ensaio aos 3 anos.

CUMPLEAÑOS FELIZ

Como xa apuntei por algún sitio nos cumples cantamos todo un repertorio que aprenderon aos 3 anos. Aqúi os tedes ensaiando a de cumpleanos feliz.

26 de septiembre de 2012

A PRINCESA I

Emsaio aos tres anos da canción da princesita "i" de letrilandia. Esta ano cantamos a nova versión.

EL REY U

Aos tres anos xa lles gustaban moito as cancións de letrilandia , este ano tamén nas cantan pero na nova versión.

25 de septiembre de 2012

CONTANDO DE XEITO DECRECENTE

Neste video tiñan 3 anos, o encargado rodeou a data no calendario "19" e todos contan de xeito decrecente desde o 19, algúns axudanse dos dedos que son cangrexos que camiñan para atras. No video necesitan axuda de cando en vez pero na actualidade a maioria é capaz de facelo sen ningún tipo de axuda.

CONTANDO DE XEITO CRECENTE

A nosa asamblea é longa e nela teñen cabida moitas actividades (o saúdo, o tempo que vai, o mes, o día, os bits, algún que outro baile , acanción da nosa mascota...) e unha delas e rodeala data no calendario e contar ata ela de xeito crecente (aplaudindo) e de xeito decrecente (os seus dedos son
cangrexos que camiñan para atras) . Neste video tiñan 3 aniños e xa o fan estupendamente.Na actualidade case todos asocian grafía e cantidade e son capaces de escribir series crecentes e decrecentes ata o nº traballado graficamente ( imos traballando o 6).

24 de septiembre de 2012

A GUARDAR

Unha loita con calquer rapaz presentase seguriño á hora de gardar de recoller aquilo que utilizou, non teñen problemas para quitar cousas, espallalas, movelas por mover... ¡e tocalles recoller!, dan voltas e voltas pero as cousas non van solas...¡uf! non me queda outra e alixeiranse un pouco a súa magoa axudandose desta canción. No video veredes que está Sonia e tamén que están distintos porque o video é de cando tiñan 3 anos.

18 de septiembre de 2012

¿QUE TEMPO VAI?

Na asamblea tamén comprobamos como vai o día ¿nubrado, soleado, chovendo, ventoso...? O encargado ten que poñelo e como lles encanta movela roda do tempo algún di que na súa rua facia sol (meus pobres é que leva uns 40 días chovendo e a frecha está sempre no mesmo sitio).

17 de septiembre de 2012

DÍAS DA SEMANA

Tódolos días na asamblea cantamos a canción dos días da semana para ir axudandolles na súa percepción e no coñecemento de todo o relacionado co tempo (concepción moi abstracta para eles, hoxe é onte, onte é hoxe...). ¿Qú día é?, ¿Onte foi?, ¿mañá será?...A verdade e que lles é costa arriba polo que tratamos de convertilo en costa abaixo coa axuda de moitas asociacións e o traballo diario de moitas secuencias temporais.

SILENCIO

Os nenos custalles moito estar caladiños, aínda que lles esté  interesando eles sempre teñen algo para engadir , interrumpir e chamala atención. As veces cando se desbordan e non hai que nos cale a mellor saida é cantar , despistandoos , aunanse a canción e volven a centrar. Unha das cancións para chamar ao silencio é esta.

14 de septiembre de 2012

TEACHER

Na unidade de traballo " comezamos a escola " aprendimos esta canción.

HOLA BUENOS DÍAS

Tódalas mañas sentamos na asamblea e o primeiriño que facemos é a canción do saúdo " HOLA BUENOS DÍAS".