24 de septiembre de 2012

A GUARDAR

Unha loita con calquer rapaz presentase seguriño á hora de gardar de recoller aquilo que utilizou, non teñen problemas para quitar cousas, espallalas, movelas por mover... ¡e tocalles recoller!, dan voltas e voltas pero as cousas non van solas...¡uf! non me queda outra e alixeiranse un pouco a súa magoa axudandose desta canción. No video veredes que está Sonia e tamén que están distintos porque o video é de cando tiñan 3 anos.

18 de septiembre de 2012

¿QUE TEMPO VAI?

Na asamblea tamén comprobamos como vai o día ¿nubrado, soleado, chovendo, ventoso...? O encargado ten que poñelo e como lles encanta movela roda do tempo algún di que na súa rua facia sol (meus pobres é que leva uns 40 días chovendo e a frecha está sempre no mesmo sitio).

17 de septiembre de 2012

DÍAS DA SEMANA

Tódolos días na asamblea cantamos a canción dos días da semana para ir axudandolles na súa percepción e no coñecemento de todo o relacionado co tempo (concepción moi abstracta para eles, hoxe é onte, onte é hoxe...). ¿Qú día é?, ¿Onte foi?, ¿mañá será?...A verdade e que lles é costa arriba polo que tratamos de convertilo en costa abaixo coa axuda de moitas asociacións e o traballo diario de moitas secuencias temporais.

SILENCIO

Os nenos custalles moito estar caladiños, aínda que lles esté  interesando eles sempre teñen algo para engadir , interrumpir e chamala atención. As veces cando se desbordan e non hai que nos cale a mellor saida é cantar , despistandoos , aunanse a canción e volven a centrar. Unha das cancións para chamar ao silencio é esta.