O 9 de xaneiro foi o aniversario de Leire ¡5 aniños xa! , pero como din eles aínda pode estar na clase de 4 anos. Foi a protagonista do día (fotos, cancións, bicos carantoñas ...) e agasallounos cunhas galletiñas que tiñan unha presentación espectacular.
9 de enero de 2013
XOGO DAS CORES
Con este xogo poden divertirse repasando as cores e as mesturas. Sempre están dispostos para face-las mesturas, untar as mans de distinta cor e logo refregalas para vela maxia desa nova cor que xurde.O mesmo facemos no papel, cor sobre cor, mesturar e logo expandir, o problema é que expanden moito e non se axustan ao debuxo que teñen que pintar. Facemos moitas actividades de pintura a dedo, témpera, estampado, pincel ... pero a eles o que máis lles gusta é enzoufar, enzoufar, enzoufar.... Non sucede o mesmo cos lapis, ceras, rotuladores... Qué terá a pintura a dedo, a témpera para que lles faiga perder tanto o tino?
XOGOS
22 de diciembre de 2012
BO NADAL FAMILIAS
Os vosos fillos e fillas elixiron unha das moitas panxoliñas que cantamos este nadal para felicitarvos nestas datas.
OS NOSOS VIDEOS
OS NOSOS VIDEOS
10 de diciembre de 2012
CONTO DA CONSTITUCIÓN PARA TRABALLAR
Dentro das datas de obrigada conmemoración nas aulas temos a da Constitución e con este conto no que eles participen dun xeito ameno, contextualizado pretendemos achegalos a elaboración dunha idea do que é isto da Constución que lles é moi abstracto e alleo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)