O día do aniversario cantamos unha morea de cancións, tódalas que coñecemos tanto en inglés como en castelán e tamén coreamos outras versión como "urra!, ¡ campeón/a", "es una chica/o excelente"...polo que contan os días no calendario que faltan para a súa data (acaban de celebralo e xa pensan que nuns días pasou outro ano) . A verdade e que me dan unha envexa por esa concepción que teñen do tempo (e que non deixa de ser un concepto moi abstracto para estas idades).
A canción estrela é en galego "PARABENS", por iso decidín subila para que os escoitedes, subirei outra doutro ao azar e xa porque é máis do mesmo.
9 de enero de 2013
ANIVERSARIO DE LEIRE
O 9 de xaneiro foi o aniversario de Leire ¡5 aniños xa! , pero como din eles aínda pode estar na clase de 4 anos. Foi a protagonista do día (fotos, cancións, bicos carantoñas ...) e agasallounos cunhas galletiñas que tiñan unha presentación espectacular.
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
OS NOSOS ANIVERSARIOS
XOGO DAS CORES
Con este xogo poden divertirse repasando as cores e as mesturas. Sempre están dispostos para face-las mesturas, untar as mans de distinta cor e logo refregalas para vela maxia desa nova cor que xurde.O mesmo facemos no papel, cor sobre cor, mesturar e logo expandir, o problema é que expanden moito e non se axustan ao debuxo que teñen que pintar. Facemos moitas actividades de pintura a dedo, témpera, estampado, pincel ... pero a eles o que máis lles gusta é enzoufar, enzoufar, enzoufar.... Non sucede o mesmo cos lapis, ceras, rotuladores... Qué terá a pintura a dedo, a témpera para que lles faiga perder tanto o tino?
XOGOS
22 de diciembre de 2012
BO NADAL FAMILIAS
Os vosos fillos e fillas elixiron unha das moitas panxoliñas que cantamos este nadal para felicitarvos nestas datas.
OS NOSOS VIDEOS
OS NOSOS VIDEOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)