5 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE INÉS

Inés sempre sae ben nas fotos, é unha nena a que a cámara a quere , pero ese día estaba moi nerviosa e custoume atopar fotos "naturales" ( non lle imos votar todas as culpas a Inés porque a fotografa tampouco é moi boa). Foi princesa por un día e cantamoslles, vitoreamola, felicitamola, tiramoslle das orelliñas, bicamola...Ela agasallou aos seus compis cuns contos ben bonitos e para a profe o agasallo máis grande según ela  ( Inés sí que é grande e doce moi doce , gustoume moito e cominos todos ¡cantas calorías Dios mío! graciñas Inés)  

27 de febrero de 2013

ANIVERSARIO DE ALEX

Hoxe  é o día de Alex , xa cumpre 5 anos, pero teno que compartir co seu compañeiro Marcos. Os dous fan un bo xuntoiro, son sociables, charlatáns, cariñosos ...Alex disfrutou do día. das cancións, dos vitores, dos bicos ... e agasallounos cunha bolsa de lambetadas que todos gardaron para despois de comer.

ANIVERSARIO DE MARCOS

Marcos leva meses contando  os días no calendario para a súa celebración. Por fin chegoulle o día e estaba moi contento, aínda que a súa nai lle dixo que non cumpria ese día. O mesmo día tamén cumpre Alex polo que temos dous protagonistas no día. Fotos e máis fotos, cancións e máis cancións, bicos e máis bicos ... e chegou a hora dos agasallos e todos quedaron moi contentos  ¡ un teléfono con sorpresa dentro que Marcos non quixo contar! e profe  para ti este ovo ¡é de metal profe! , ¡de metal ¿eh? !. ( Moitas gracias Marcos e os oviños de dentro que non eran de metal sabían a gloria ).

22 de febrero de 2013

CONTO DE PIRATAS : ALPARGATAPICTOS

Este conto de pictogramas gustalles moitisimo e no me extraña porque é moi divertido -
alpargatapictos