12 de marzo de 2013

¡POLA BORDA AOS TIBURÓNS!

DIANTE         ...      A BABOR
DETRAIS       ...      A POPA
DEREITA       ...      A ESTRIBOR
ESQUERDA    ...      A BABOR
DEBAIXO      ...       A QUILLA 
ARRIBA        ...       O VELAMEN
E  O QUE NON O SABE
TIRASE POLA BORDA ¡AOS TIBURÓNS! ( QUE XOGUEN OU QUEDAREDES SIN NENOS)

9 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE AMANDA

Nunca  me esquecín do cumple dun neno-a, sempre os apunto cunha estrela no calendario do mes no que traballamos tódolos días. O de Amanda estaba marcado e pola mañá trouxo os agasallos e deixounos enriba da miña mesa e... non sei como pero cando estaba na miña casa pola tarde pensei que deixara algo pendente na escola. ¡Efectivamente  o cumple de Amanda!, ¡pobre Amanda! e ela non me dixo nin pío, outros están desde pola mañá repetindome sen parar ¿profe cando celebramolo cumple?.
Mil  perdóns  Amanda. A verdade e que te recompensamos ao seguinte día cunha fenomenal celebración.

" O MAJARA, O NOSO BARCO PIRATA"

Para formar parte da tripulación do Pirata Majareta tiñamos que ter un bo barco e todos traballamos moitisimno para conseguilo. O primeiro en embarcar foi  o Pirata Espada Negra ( Alberto) para comprobar si todo estaba ben ( revisou as velas, os cañóns, a bandeira, a torre de vigía, o timón...) e por fin sorriu e desembarcou. ¡ O MAJARA ESTÁ REMATADO! . ¿É un bo barco, non si?.

¿PROBANDO COMO NOS QUEDARÁN OS TRAXES PIRATAS?

Temos que facelos traxes piratas pero aínda non artellamos cómo. Imos probar distintos modelos para ver como nos sentará a vestimenta pirata. Nos queremos ser uns piratas bos e elegantes. e ¿tu que dis , estamos ou non estamos elegantes con estes modelitos piratas.