Nunca me esquecín do cumple dun neno-a, sempre os apunto cunha estrela no calendario do mes no que traballamos tódolos días. O de Amanda estaba marcado e pola mañá trouxo os agasallos e deixounos enriba da miña mesa e... non sei como pero cando estaba na miña casa pola tarde pensei que deixara algo pendente na escola. ¡Efectivamente o cumple de Amanda!, ¡pobre Amanda! e ela non me dixo nin pío, outros están desde pola mañá repetindome sen parar ¿profe cando celebramolo cumple?.
Mil perdóns Amanda. A verdade e que te recompensamos ao seguinte día cunha fenomenal celebración.