18 de marzo de 2013

ANTROIDO 2013

Non están todos os que son nin son todos os que están por mor da gripe houbo moitas baixas e os que viñeron non estaban nas mellores condicións polo que este ano o antroido no cole non foi dos mellores.

14 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE LUCAS

Lucas xa ten un ano máis e despois das cancións , vitores, aplausos, biquiños e tiróns de orellas repartiulles as lambetadas aos seus compañeiros-as que as esperan como auga de maio (a naide lle amarga un doce). Foi un cumple con moitos avatares, ese día levantaronse todos co pé esquerdo e ningún atopaba o sitio que quería  para saír na foto polo que houbo pelexas e choros; axiña entraron en razón e pedironse perdón uns a outros.

12 de marzo de 2013

¡POLA BORDA AOS TIBURÓNS!

DIANTE         ...      A BABOR
DETRAIS       ...      A POPA
DEREITA       ...      A ESTRIBOR
ESQUERDA    ...      A BABOR
DEBAIXO      ...       A QUILLA 
ARRIBA        ...       O VELAMEN
E  O QUE NON O SABE
TIRASE POLA BORDA ¡AOS TIBURÓNS! ( QUE XOGUEN OU QUEDAREDES SIN NENOS)

9 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE AMANDA

Nunca  me esquecín do cumple dun neno-a, sempre os apunto cunha estrela no calendario do mes no que traballamos tódolos días. O de Amanda estaba marcado e pola mañá trouxo os agasallos e deixounos enriba da miña mesa e... non sei como pero cando estaba na miña casa pola tarde pensei que deixara algo pendente na escola. ¡Efectivamente  o cumple de Amanda!, ¡pobre Amanda! e ela non me dixo nin pío, outros están desde pola mañá repetindome sen parar ¿profe cando celebramolo cumple?.
Mil  perdóns  Amanda. A verdade e que te recompensamos ao seguinte día cunha fenomenal celebración.