20 de marzo de 2013

PARABENS MARÍA

Nos aniversarios da aula unha das cancións que temos que cantar sempre é PARABENS . É a canción estrela e prestalles iso de arrincar as orelliñas ( xa sabedes que a esta idade son un puquiño tiranos). Nesta ocasión era o aniversario de María e tiveron un pequeno erro porque os confunde estar na clase de 4 anos e cumplir 5 , e comentanme que os seus pais dinlles que poden seguir aínda na aula de 4 (non vaia a ser que a profe se lle ocurra mandalos para outra aula ).

18 de marzo de 2013

ANTROIDO 2013

Non están todos os que son nin son todos os que están por mor da gripe houbo moitas baixas e os que viñeron non estaban nas mellores condicións polo que este ano o antroido no cole non foi dos mellores.

14 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE LUCAS

Lucas xa ten un ano máis e despois das cancións , vitores, aplausos, biquiños e tiróns de orellas repartiulles as lambetadas aos seus compañeiros-as que as esperan como auga de maio (a naide lle amarga un doce). Foi un cumple con moitos avatares, ese día levantaronse todos co pé esquerdo e ningún atopaba o sitio que quería  para saír na foto polo que houbo pelexas e choros; axiña entraron en razón e pedironse perdón uns a outros.

12 de marzo de 2013

¡POLA BORDA AOS TIBURÓNS!

DIANTE         ...      A BABOR
DETRAIS       ...      A POPA
DEREITA       ...      A ESTRIBOR
ESQUERDA    ...      A BABOR
DEBAIXO      ...       A QUILLA 
ARRIBA        ...       O VELAMEN
E  O QUE NON O SABE
TIRASE POLA BORDA ¡AOS TIBURÓNS! ( QUE XOGUEN OU QUEDAREDES SIN NENOS)