22 de marzo de 2013

1 . EDUCAR CON FIRMEZA Y CARIÑO

Á ABORDAXE

Os piratas prepáranse para unha dura travesía, izan as velas e a bandeira negra, alistan as súas armas e un bo día chegou a abordaxe. Son divertidos, implacables, tiranos pero conseguiron o seu merecido botín sin izar a bandeira vermella.

20 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE MARÍA

A María non é doado facerlle retratos pero ese día estaba feliz e non lle importou nada  posar . Xa son maior profe ¡teño 5 anos!. Cantamoslle, bicamola, retratamola e agasallounos cuns marcapaxinas de piratas preciosos (os pais de María sempre caen en todo  e nada  encaixaba mellor  que uns piratas).

PARABENS MARÍA

Nos aniversarios da aula unha das cancións que temos que cantar sempre é PARABENS . É a canción estrela e prestalles iso de arrincar as orelliñas ( xa sabedes que a esta idade son un puquiño tiranos). Nesta ocasión era o aniversario de María e tiveron un pequeno erro porque os confunde estar na clase de 4 anos e cumplir 5 , e comentanme que os seus pais dinlles que poden seguir aínda na aula de 4 (non vaia a ser que a profe se lle ocurra mandalos para outra aula ).