A María non é doado facerlle retratos pero ese día estaba feliz e non lle importou nada posar . Xa son maior profe ¡teño 5 anos!. Cantamoslle, bicamola, retratamola e agasallounos cuns marcapaxinas de piratas preciosos (os pais de María sempre caen en todo e nada encaixaba mellor que uns piratas).
20 de marzo de 2013
PARABENS MARÍA
Nos aniversarios da aula unha das cancións que temos que cantar sempre é PARABENS . É a canción estrela e prestalles iso de arrincar as orelliñas ( xa sabedes que a esta idade son un puquiño tiranos). Nesta ocasión era o aniversario de María e tiveron un pequeno erro porque os confunde estar na clase de 4 anos e cumplir 5 , e comentanme que os seus pais dinlles que poden seguir aínda na aula de 4 (non vaia a ser que a profe se lle ocurra mandalos para outra aula ).
18 de marzo de 2013
ANTROIDO 2013
Non están todos os que son nin son todos os que están por mor da gripe houbo moitas baixas e os que viñeron non estaban nas mellores condicións polo que este ano o antroido no cole non foi dos mellores.
14 de marzo de 2013
ANIVERSARIO DE LUCAS
Lucas xa ten un ano máis e despois das cancións , vitores, aplausos, biquiños e tiróns de orellas repartiulles as lambetadas aos seus compañeiros-as que as esperan como auga de maio (a naide lle amarga un doce). Foi un cumple con moitos avatares, ese día levantaronse todos co pé esquerdo e ningún atopaba o sitio que quería para saír na foto polo que houbo pelexas e choros; axiña entraron en razón e pedironse perdón uns a outros.
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
OS NOSOS ANIVERSARIOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)