22 de marzo de 2013

Á ABORDAXE

Os piratas prepáranse para unha dura travesía, izan as velas e a bandeira negra, alistan as súas armas e un bo día chegou a abordaxe. Son divertidos, implacables, tiranos pero conseguiron o seu merecido botín sin izar a bandeira vermella.

20 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE MARÍA

A María non é doado facerlle retratos pero ese día estaba feliz e non lle importou nada  posar . Xa son maior profe ¡teño 5 anos!. Cantamoslle, bicamola, retratamola e agasallounos cuns marcapaxinas de piratas preciosos (os pais de María sempre caen en todo  e nada  encaixaba mellor  que uns piratas).

PARABENS MARÍA

Nos aniversarios da aula unha das cancións que temos que cantar sempre é PARABENS . É a canción estrela e prestalles iso de arrincar as orelliñas ( xa sabedes que a esta idade son un puquiño tiranos). Nesta ocasión era o aniversario de María e tiveron un pequeno erro porque os confunde estar na clase de 4 anos e cumplir 5 , e comentanme que os seus pais dinlles que poden seguir aínda na aula de 4 (non vaia a ser que a profe se lle ocurra mandalos para outra aula ).

18 de marzo de 2013

ANTROIDO 2013

Non están todos os que son nin son todos os que están por mor da gripe houbo moitas baixas e os que viñeron non estaban nas mellores condicións polo que este ano o antroido no cole non foi dos mellores.