22 de marzo de 2013

CAZA DO TESOURO DO PIRATA MAJARETA

Auga, auga , auga e máis auga , tódolos dias chovendo ...e as  Piratas Capitanas ( Graciosa e Tartaruga) non lles queda outra que unha adaptación  da  caza do tesouro  ao mal tempo.
Como veredes tardaron máis en chegar a acordos para iniciala caza que en atopalos mapas que agochou o Pirata Majareta. O pirata tivo a boa idea de deixarlles un mapa para cada neno-a (¡cantas liortas evitou).

A CAZA DO TESOURO REMATOU ¡ FELICIDADES OS MEUS PIRATILLAS !

Os piratas superaron todas as probas do gran Pirata Majareta e diríxense á biblioteca a buscar o tesouro. É unha tarefa dificil porque nos estantes da nosa biblioteca hai tesouros e máis tesouros (en cada libro agochase un). Encontrarano alí? Será unha broma do pirata? Buscaron e buscaron e por fin encontrarono. Caras sorrintes, suspiros e nervios... Á clase volveron co saco do tesouro e democraticamente repartironseo. Xa son millonarios pero despois das vacacións virán  e viviremos novas aventuras  para  enriquecer as súas mentes .

7 . ORIENTACIONES SOBRE HÁBITOS DE AUTONOMÍA

6 . HASTA AHÍ PODÍAMOS LLEGAR