25 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 5. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B , 4 ANOS B . ¡ REPETIMOS A CANCIÓN DO POLO PEPE !

A festa gustalles e a canción encantalles polo que non quedou outra que repetila.

ANIVERSARIO DE DIEGO MORENO

¡Uf! Por fin chegoulle o día porque me tiña a cabeza tola contando os días que lle faltaban para ter 5 anos.Estaba moi contento e disfrutou moitisimo do día e do cariño dos seus compis que lle cantaron, bicaron  e dironlle todo tipo de atencións. El correspondeulles con un xogo para facer pompas (¡que alboroto!) e a mín deume encantado uns bombóns (está visto que eu non teño ocasión de comezar a dichosa operación bikini porque os comín). Disfrutamos ben todos e todas xa que despois de tanta auga tivemos un sol radiante e fixemos unha festa de pompas que non esquecerán. ¡ PARABENS DIEGO!.


DÍA DO LIBRO 4. INFANTIL 3 ANOS A, 3 ANOS B E 4 ANOS B : " A CANCIÓN DO POLO PEPE"

Disfrutaron un montón cantando esta canción

DÍA DO LIBRO 3. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B , 4 ANOS A. O AUDITORIO PREPARASE PARA A CANCIÓN.

Agora imonos a preparar para escoitala canción do Polo Pepe : mover as ás como os poliños, cacarear , piar , e  cantar... pero moitos (aínda que a cámara só recolle unha zona)  tomarono moi en serio e tamén se dedican a limpeza dos salóns porque estamos de festa ( é o que lles digo eu os da miña aula cando se meten a man no nariz "chicos non limpedes o salón  que mañá non hai festa e rin un montón, pero sacan o dedo  de inmediato).