25 de junio de 2013

ANIVERSARIO DE MANUEL

O 18/06/08 é o aniversario de Manuel  que tiña moi controlado tanto o mes coma o día e chegounos a aula cunha coroa e un colar co nº 5  moi orixinal e ben feita. Explicounos que lle axudara súa nai a facelos e despois de quitarlle unha foto mudouna pola da ra Pascuala para seguir cos retratos. Cantaronlle, bicarono, vitorearono...e agasallounos cunha pistola de auga que lles gustou moito.

ANIVERSARIO DE LEO

O 15/06/08 é o aniversario de Leo , pero dende xaneiro conta que vai ser xa e máis ou menos dende abril xa monta as mesas para o cumple na casa de Oleiros (isto é coma Pedro e o lobo). Por fin chegoulle o día e pasouno pipa sendo o prota da xornada. Os nenos cantaronlle, vitorearono, auparono e agasallounos con contos e galletas Oreo para o almorzo (e dou fe que el puxose as botas ).A min dixome ¡Sara tengo bombones para ti y me dijo mi madre que podías abrirlos y darme alguno! E cando che piden as cousas con tanto enxeño non te podes negar.

21 de junio de 2013

O NOSO BAÚL DE DISFRACES

Este é sen dubida o rincón máis valorado da aula sempre e cando teñan liberdade e poidan facelo todos xuntos (ao final rematan fatal) . Isto so pode ser de cando en vez porque polos rincóns rotase por grupiños. Tampouco poido grabalos porque entón deixan a actividade, a excepción dalgúns que lles encanta se retratados e aseguranse de que os pille, preguntanme si ven que me gusta ¡repito profe? ...

AS NOSAS NOVAS

Como xa sabedes ao longo do curso cada semana hai uns encargados de traer unha noticia do periódico e neste caso un dos encargados foi  Diego Moreno.