15 de julio de 2013
E NO VERÁN ... ( 3 )
Aquí tedes unha serie de actividades coas que se pretende que o neno-a se centre un anaquiño na actividade elexida con ganas de facelo moi ben ,correctamente sentado, collendo ben o util (lapis, punzón, tesoiras, cores rotuladores...), con calma e moito tino... O desexable é que o traballo quede perfecto polo que faremos un e non un cento para non cansalos. Hai todalas habilidades traballadas no curso (recorte, debuxo, coloreado, laberintos, series, grafomotricidade, sumas...) e como teñen distintos niveis podedes elexir as que máis se axeiten a cada neno-a, podendo avanzar ou recuar segundo vexades.
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
ORIENTACIÓNS PARA O VERÁN
E NO VERÁN ... ( 2 )
Como o prometido é debeda , aquí vos deixo unha morea de contos de iniciación lectora moi divertidos. So tedes que ir a biblioteca e atopalos que se correspondan cos fonemas coñecidos polos nenos.
¡ QUE SATISFEITO VAI QUEDAR CANDO SEXA EL QUEN VOS LEA !
¡ QUE SATISFEITO VAI QUEDAR CANDO SEXA EL QUEN VOS LEA !
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
ORIENTACIÓNS PARA O VERÁN
25 de junio de 2013
ANIVERSARIOS DE VERÁN
Como hai algúns nenos-as que cumplen nos meses de xullo e agosto decdín facelos agora porque a eles-as tamén lles gusta ser prota e que os agasallen con mimos os compañeiros. Como non había moito tempo celebramolos conxuntos e o mesmo faremos cos compañeiros e compañeiras que cumplen en septembro (ANIVERESARIOS DE OUTONO).
O mellor foi que Mikel viu que sinalara cunha estrela e os nomes o día destes cumples no calendario e non lle calou a súa nai ata que lle mandou algunhas larpeiradas para os seus compis .(Como vedes enteranse de todo e non se lles escapa nada).
O mellor foi que Mikel viu que sinalara cunha estrela e os nomes o día destes cumples no calendario e non lle calou a súa nai ata que lle mandou algunhas larpeiradas para os seus compis .(Como vedes enteranse de todo e non se lles escapa nada).
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
OS NOSOS ANIVERSARIOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)