Fomentamos a creatividade creando as nosas pantasmas de medo.
-Dobramos á metade un folio.
-Debuxo a miña pantasma.
-Recorto mantendo o folio dobrado.
-Pego as dúas partes cunha palla no medio.
E facendo maxia ó pintar con aceite de corpo os nosos debuxos (arañas, teas de araña, cabazas)
-Fago o meu debuxo nun cuarto de folio.
-Cubro con aceite do corpo.
O xoves 29 foi un día moi especial para as nenas e nenos de 5 anos.
As nenas e nenos e algúns pequenos monstros do lazo verde e amarelo elaboramos a nosa Merenda Monstruosa.
Elaboración de Cabazamandarinas e Plátanofantasmas:
-Pelamos as froitas
-Cortamos os plátanos á metade
-Puxemos apio ás mandarinas
-Puxémoslle ollos e boca con pepitas de chocolate e chocolate líquido.
Un plato sano, saboroso e doado, á vez que monstruoso.
Ademáis as profes fixeron un taller de maquillaxe de medo, que aínda que moi básico, ós pequenos monstros encantoulles.
A xornada rematou cunha fantástica sesión de Teatro de medo. A primeira obra titulada Samaín foi de teatro de monicreques e a segunda foi o coñecido xogo-canción "Jugando al escondite".
AS NOSAS CABAZAS
Grazas á colaboración tan fantástica das familias as nenas e nenos trouxeron cadansúa cabaza ó cole e explicáronlle ós seus compañeiros/as os pasos que seguiron para elaborala, quen lles axudou, se fixeron algunha receta coa pulpa ou aproveitaron as pepitas...
Ademáis elaboramos un conto monstruoso entre toda a clase. As personaxes elixidas foron Bruja-Araña de Sara, Naranja de Santiago, Vampirominion de Lúa y Bruja Pinocha de Lucía.