7 de noviembre de 2015

4 de noviembre de 2015

FELIZ SAMAÍN

O Lazo Lila e o Lazo Vermello tamén queremos desexarvos unha terroríficamente divertida festa do Samaín.




31 de octubre de 2015

ARTE NO SAMAÍN 2015

Fomentamos a creatividade creando as nosas pantasmas de medo.

-Dobramos á metade un folio.
-Debuxo a miña pantasma.
-Recorto mantendo o folio dobrado.
-Pego as dúas partes cunha palla no medio.





E facendo maxia ó pintar con aceite de corpo os nosos debuxos (arañas, teas de araña, cabazas)
-Fago o meu debuxo nun cuarto de folio.
-Cubro con aceite do corpo.





SAMAÍN 2015: FESTA

O xoves 29 foi un día moi especial para as nenas e nenos de 5 anos.
As nenas e nenos e algúns pequenos monstros do lazo verde e amarelo elaboramos a nosa Merenda Monstruosa.

Elaboración de Cabazamandarinas e Plátanofantasmas:
-Pelamos as froitas
-Cortamos os plátanos á metade
-Puxemos apio ás mandarinas
-Puxémoslle ollos e boca con pepitas de chocolate e chocolate líquido.

Un plato sano, saboroso e doado, á vez que monstruoso.

Ademáis as profes fixeron un taller de maquillaxe de medo, que aínda que moi básico, ós pequenos monstros encantoulles.

A xornada rematou cunha fantástica sesión de Teatro de medo. A primeira obra titulada Samaín foi de teatro de monicreques e a segunda foi o coñecido xogo-canción "Jugando al escondite".





Vídeo cantando Jugando al escondite.


Este é o enlace da canción onde aparecen varias versións.
http://mimimusical.blogspot.com.es/2015/10/jugando-al-escondite.html