Nesta pequena presentación os nenos-as len o conto da editorial Kalandraka (a profe Eugenia é a que lle lo está ensinando) e logo representan un anaquiño do TOUPORROUTOU DA LÜA E DO SOL de Roberto Vidal Bolaño. Neste pequeno dialogo entre a lúa e o sol temos un montón de tomas falsas coma os actores de verdade (para collelo cebo, para facelos cregos, para comelos galos...). Gustoulles moito, riron a cachón e aprenderono axiña (tivemos que traballar un pouco o vocabulario porque lles é moi alleo).
27 de mayo de 2013
13 de mayo de 2013
¡MENUDO SUSTO! ¡QUE MEDO !
Mirade esta presentación e entenderedesnos ( que terrorificas foron con nos as profes Belén, Eugenia e o lobiño Andrés). Para comezar e máis na diapositiva 9 e 10 tedes que pulsar nun circuliño que se move (cousas raras de Sara).
sara breijo's Slidely by Slidely Slideshow
ANIVERSARIO DE ANDRÉS
Andrés coma todos contou e recontou os días que lle quedaban para os seus 5 anos. Viña feliz pola mañá e tivemos que celebralo xa porque non calaba. Estaba nervioso e encantado mentras lle cantaban e o bicaban . Estivo moi cariñoso con todos-as e entregoulles a bolsa de larpeiradas cunha alegría desbordante. ¡PARABENS ANDRÉS!
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
OS NOSOS ANIVERSARIOS
10 de mayo de 2013
CANTOS QUE NAMORAN 4
Hai unha morea de contos que lles gustan os nenos-as pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados. Nesta cuarta presentación se pinchades na portada do libro CD escoitaredes tódalas cancións e se pinchades nalgunhas das imaxes dos contos veredes os videos de youtube que atopei.
Etiquetas: OS NOSOS RETRATOS
RECOMENDACIÓNS DE CONTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)