25 de junio de 2013

ANIVERSARIOS DE VERÁN

Como hai algúns nenos-as que cumplen nos meses de xullo e agosto decdín facelos agora porque a eles-as tamén lles gusta ser prota e que os agasallen con mimos  os compañeiros. Como non había moito tempo celebramolos conxuntos e o mesmo faremos cos compañeiros e compañeiras que cumplen en septembro (ANIVERESARIOS DE OUTONO).
O mellor foi que Mikel viu que sinalara cunha estrela e os nomes o día destes cumples no calendario e non lle calou a súa nai ata que lle mandou algunhas larpeiradas para os seus compis .(Como vedes enteranse de todo e non se lles escapa nada).

ANIVERSARIO DE MANUEL

O 18/06/08 é o aniversario de Manuel  que tiña moi controlado tanto o mes coma o día e chegounos a aula cunha coroa e un colar co nº 5  moi orixinal e ben feita. Explicounos que lle axudara súa nai a facelos e despois de quitarlle unha foto mudouna pola da ra Pascuala para seguir cos retratos. Cantaronlle, bicarono, vitorearono...e agasallounos cunha pistola de auga que lles gustou moito.

ANIVERSARIO DE LEO

O 15/06/08 é o aniversario de Leo , pero dende xaneiro conta que vai ser xa e máis ou menos dende abril xa monta as mesas para o cumple na casa de Oleiros (isto é coma Pedro e o lobo). Por fin chegoulle o día e pasouno pipa sendo o prota da xornada. Os nenos cantaronlle, vitorearono, auparono e agasallounos con contos e galletas Oreo para o almorzo (e dou fe que el puxose as botas ).A min dixome ¡Sara tengo bombones para ti y me dijo mi madre que podías abrirlos y darme alguno! E cando che piden as cousas con tanto enxeño non te podes negar.

21 de junio de 2013

O NOSO BAÚL DE DISFRACES

Este é sen dubida o rincón máis valorado da aula sempre e cando teñan liberdade e poidan facelo todos xuntos (ao final rematan fatal) . Isto so pode ser de cando en vez porque polos rincóns rotase por grupiños. Tampouco poido grabalos porque entón deixan a actividade, a excepción dalgúns que lles encanta se retratados e aseguranse de que os pille, preguntanme si ven que me gusta ¡repito profe? ...