25 de septiembre de 2012

CONTANDO DE XEITO DECRECENTE

Neste video tiñan 3 anos, o encargado rodeou a data no calendario "19" e todos contan de xeito decrecente desde o 19, algúns axudanse dos dedos que son cangrexos que camiñan para atras. No video necesitan axuda de cando en vez pero na actualidade a maioria é capaz de facelo sen ningún tipo de axuda.

CONTANDO DE XEITO CRECENTE

A nosa asamblea é longa e nela teñen cabida moitas actividades (o saúdo, o tempo que vai, o mes, o día, os bits, algún que outro baile , acanción da nosa mascota...) e unha delas e rodeala data no calendario e contar ata ela de xeito crecente (aplaudindo) e de xeito decrecente (os seus dedos son
cangrexos que camiñan para atras) . Neste video tiñan 3 aniños e xa o fan estupendamente.Na actualidade case todos asocian grafía e cantidade e son capaces de escribir series crecentes e decrecentes ata o nº traballado graficamente ( imos traballando o 6).

24 de septiembre de 2012

A GUARDAR

Unha loita con calquer rapaz presentase seguriño á hora de gardar de recoller aquilo que utilizou, non teñen problemas para quitar cousas, espallalas, movelas por mover... ¡e tocalles recoller!, dan voltas e voltas pero as cousas non van solas...¡uf! non me queda outra e alixeiranse un pouco a súa magoa axudandose desta canción. No video veredes que está Sonia e tamén que están distintos porque o video é de cando tiñan 3 anos.

18 de septiembre de 2012

¿QUE TEMPO VAI?

Na asamblea tamén comprobamos como vai o día ¿nubrado, soleado, chovendo, ventoso...? O encargado ten que poñelo e como lles encanta movela roda do tempo algún di que na súa rua facia sol (meus pobres é que leva uns 40 días chovendo e a frecha está sempre no mesmo sitio).