7 de febrero de 2013

ANIVERSARIO DE ALBERTO

Hoxe é un día moi especial para Alberto , ten un  ano máis e ponse o collar e a coroa da rá Pascuala . Está moi cariñoso e ri cando lle cantamos , aplaudimos, vitoreamos e bicamos... Logo repartelle unha bolsa de lambetadas a cada compañeiro/a. ¡ PARABENS ALBERTO !.

6 de febrero de 2013

ENSAIO DUNHA CANCIÓN DE PIRATAS : "UN PIRATA SOY"

Os piratillas estanse a transformar nuns auténticos  piratas porque cada un fai o que lle peta : uns están de pe, outros agachados...uns no estribillo, outros falando, uns no comezo, outros no final...pero todos aprenderon outra das canción do repertorio pirata.

CANCIÓN DE PIRATAS : " JUANITO EL PIRATA "

Un pirata ten que ter unha canción e moito máis cando está de farra cunha botella de ron , pero os nosos piratillas saben que esas bebidas non son boas e por iso o seu heroe é o PIRATA ABSTEMIO (BARTHOLOMEW  ROBERTS) que so bebía té. Nos cantaremos cun iogur bebible e para iso necesitamos aprender algunhas cancións e elexila  a máis doada

5 de febrero de 2013

XOGO DE PIRATAS

Estamos a voltas cos piratas e os nenos-as están encantados con este tema de traballo. Este é un dos xogos que lles gusta.
¡Xogo de piratas!   
XOGOS