27 de febrero de 2013

ANIVERSARIO DE ALEX

Hoxe  é o día de Alex , xa cumpre 5 anos, pero teno que compartir co seu compañeiro Marcos. Os dous fan un bo xuntoiro, son sociables, charlatáns, cariñosos ...Alex disfrutou do día. das cancións, dos vitores, dos bicos ... e agasallounos cunha bolsa de lambetadas que todos gardaron para despois de comer.

ANIVERSARIO DE MARCOS

Marcos leva meses contando  os días no calendario para a súa celebración. Por fin chegoulle o día e estaba moi contento, aínda que a súa nai lle dixo que non cumpria ese día. O mesmo día tamén cumpre Alex polo que temos dous protagonistas no día. Fotos e máis fotos, cancións e máis cancións, bicos e máis bicos ... e chegou a hora dos agasallos e todos quedaron moi contentos  ¡ un teléfono con sorpresa dentro que Marcos non quixo contar! e profe  para ti este ovo ¡é de metal profe! , ¡de metal ¿eh? !. ( Moitas gracias Marcos e os oviños de dentro que non eran de metal sabían a gloria ).

22 de febrero de 2013

CONTO DE PIRATAS : ALPARGATAPICTOS

Este conto de pictogramas gustalles moitisimo e no me extraña porque é moi divertido -
alpargatapictos


8 de febrero de 2013

ANIVERSARIO DE PAULA

¡Sensacional isto de nacer no antroido Paula! Tes o cumple con festa de disfraces asegurada e iso é un chollazo para calquer neno-a. Foi divertido entre festa de disfraces e cumple pasamonos unha xornada festeira e por riba con lambetadas aseguradas para a sobremesa. Seguriño que non esquecerás este día.