29 de abril de 2013

TRABALLANDO NOS RECUNCHOS

Cada día traballamos nun recuncho diferente así cada semana pasamos tod@s por todos os recunchos. Mirade como traballamos.

28 de abril de 2013

O FORMIGUEIRO

Neste xogo traballase a serie numérica de xeito decrecente e a introducción á resta.
















http://www.vedoque.com/juego.php?j=hormiguero.swf&ancho=600&alto=450

XOGA COS VERMES

Neste xogo asocian grafía, número, cantidade, comparan ...
















http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=gusano-vedoque&l=es

CONTA ATA 5

Xogo divertido para asociala grafia coa cantidade

http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=Cuentahasta5

XOGAMOS COS SONS

Un divertido xogo que a través de distintos temas (a escola, o barrio, as cousas e  a granxa ) presenta diversas actividades para traballala discriminación auditiva .
http://conteni2.educarex.es/mats/11340/contenido/index2.html

CONTAMOS

Un xogo sinxelo no que deben encendelas bombillas que lles mandan. Ten varios niveis de dificultade.
http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=bombillas&l=es

XOGO DE PREESCRITURA

Os nenos-as cansanse rapido da mesma actividade polo que é bo ter varios xogos e ilos alternando. Este tamén é de trazado de letras e números, pero é máis indicado para traballar na PDI (pizarra dixital).
http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/preescritura.html

27 de abril de 2013

APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA CON VARIOS NIVEIS DE DIFICULTADE E XOGOS. DIVERSIÓN ASEGURADA.

 Este xogo de aprendizaxe de lectoescritura é moi entretenido e conta con varios niveis de dificultade e unha variedade de actividades que asegura o interés dos nenos-as.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11000642/TIC/pepe/html/menu3.html

¿ PRACTICAMOLO TRAZADO ? ANIMATE E APRENDE AS TRAXECTORIAS AXEITADAS PARA ESCRIBILAS LETRAS.

Nesta aplicación podemos escoller  unha letra e seguila súa traxectoria pinchando co rato. É máis divertido que no papel e non pasa nada si o facemos mal, só volve a comezar ou deixao para outro día que non teñas que facer.


















http://www.genmagic.org/lengua5/plletres3c.swf       PINCHA NESTE ENLACE

PRESENTACIÓN DO TRAZADO DAS CONSOANTES "P", "L", "M"

Non é doado tampouco o trazado das consoantes e por iso fixen esta pequena presentación para que os pais e os nenos vexan xuntos a traxectoria que sigue a pelota e intentemos non facer trampas.
É un obxectivo a moi longo prazo polo que tentaremos ir amodiño como a pelota.
Tedes todo o verán e o ano que ven para velo e interiorizalo percorrido.
TRAZADO CONSOANTES


PRESENTACIÓN DO TRAZADO DAS VOGAIS

Non é doado o trazado das vogais e por iso fixen esta pequena presentación para que pais e nenos vexan xuntos  a traxectoria que sigue a pelota e intentemos non facer trampas . É un obxectivo a moi longo prazo polo que tentaremos ir amodiño como a pelota . Temos todo o verán e o ano que ven para velo e interiorizalo percorrido.

25 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 6. INFANTIL 4 ANOS B : DEBUXOS DAS PISTAS

Estaba complicado elexilos debuxos para a flor xa que todos eran moi  bos. A verdade e que os fixeron con moita ilusión e empeño. Por iso decidín facer este album con eles porque o merecen (non é  sempre así , ás veces digolles por exemplo  debuxa a os teus pais e algún  debuxanme unha casa a todo correr e eu preguntolle e ¿donde están teus pais? dentro da casa e quedase tan ancho)

DÍA DO LIBRO 5. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B , 4 ANOS B . ¡ REPETIMOS A CANCIÓN DO POLO PEPE !

A festa gustalles e a canción encantalles polo que non quedou outra que repetila.

ANIVERSARIO DE DIEGO MORENO

¡Uf! Por fin chegoulle o día porque me tiña a cabeza tola contando os días que lle faltaban para ter 5 anos.Estaba moi contento e disfrutou moitisimo do día e do cariño dos seus compis que lle cantaron, bicaron  e dironlle todo tipo de atencións. El correspondeulles con un xogo para facer pompas (¡que alboroto!) e a mín deume encantado uns bombóns (está visto que eu non teño ocasión de comezar a dichosa operación bikini porque os comín). Disfrutamos ben todos e todas xa que despois de tanta auga tivemos un sol radiante e fixemos unha festa de pompas que non esquecerán. ¡ PARABENS DIEGO!.


DÍA DO LIBRO 4. INFANTIL 3 ANOS A, 3 ANOS B E 4 ANOS B : " A CANCIÓN DO POLO PEPE"

Disfrutaron un montón cantando esta canción

DÍA DO LIBRO 3. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B , 4 ANOS A. O AUDITORIO PREPARASE PARA A CANCIÓN.

Agora imonos a preparar para escoitala canción do Polo Pepe : mover as ás como os poliños, cacarear , piar , e  cantar... pero moitos (aínda que a cámara só recolle unha zona)  tomarono moi en serio e tamén se dedican a limpeza dos salóns porque estamos de festa ( é o que lles digo eu os da miña aula cando se meten a man no nariz "chicos non limpedes o salón  que mañá non hai festa e rin un montón, pero sacan o dedo  de inmediato).

DÍA DO LIBRO 2. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B E 4 ANOS A. " CONTO DO POLO PEPE"

Chegou o 23 de abril, día do libro, e os nenos-as están esperando polo prometido conto , sentamonos moi xuntiños  e escoitamola profe Belén que  nolo narra moi ben.

DÍA DO LIBRO 1. INFANTIL 3 ANOS A, 3 ANOS B E 4 ANOS B. " ¿QUE CONTO SERÁ?"

Este ano o Equipo de  Normalización  Lingüística fixonos unha proposta moi atractiva para o día do libro (adiviñar un conto por medio dunhas pistas) e realizámola da seguinte forma :
1º) Concretamolo plan de traballo : Unha flor grande con nove petalos de cores laranxa, vermella e lila.Tres pistas (xoves 18 de abril, venres 19 de abril  e luns 22 de abril). Cada día pegarianse tres petalos (un de cada cor) no mural e en cada petalo os debuxos gañadores de cada aula (lazo laranxa, lazo vermello e lazo lila).
O martes 23 de abril contariamolo conto en cuestión.
2º) Un mural con fondo verde e moita herba que preparamos as profes (Ana, Belén, Eugenia e Sara) o luns, 15 de abril,  á tarde. Así quedou este misterioso mural ata o...
3º) Xoves, 18 de abril, no que cada unha na súa aula presentou a actividade misteriosa da forma máis atraente que puido .
                              1ª pista :  Deste conto fenomenal
                              o protagonista é un animal. 
To do ia ben ata que chegaron as votacións, cada un pensaba que o del era o mellor e despois de limalas asperezas tampouco  houbo acordos  e saian máis de un. Ao final optamos por subilos tres máis votados. (A verdade é que a decisión era dificil porque todos o fixeron moi ben).
4º) Venres, 19 de abril
                             2ª pista :  Seguro que algún neno
                             adiviña este animal  pequeno
5º) Luns, 22 de abril
                             3ª pista :  A miña nai é unha galiña 
                             e a miña cor é  amareliña.
Estaba moi facil porque é un conto que lles gusta moito aos máis pequenos e collenlle tanto apego que lles sigue gustando recordar de cando en vez  aos de 4 e 5 anos. ¿ Que terá o polo Pepe para seguir de actualidade e triunfante? pois que é curto, sinxelo, divertido, atraente, con sorpresa e con canción.
Igual me enredei un pouco na explicación pero entenderedela mellor coa seguinte presentación.    

24 de abril de 2013

MANDADOS DO ANTROIDO 2013 : A PROFE ANA E A SÚA TRIBU DE 3 ANOS A

 Queridos papis cumpristedes  moi ben os mandadiños e como recompensa tedes este premio ¡espero que vos guste!. A titora dos vosos fillo-as (ANA).

5 de abril de 2013

PIRATAS FAMOSOS

A tripulación do Pirata Majareta xa é famosa e "codease" con personaxes de alta alcurnia como veredes na seguinte presentación.(PASADE AS DIAPOSITIVAS COAS FRECHAS DE ABAIXO)

View more presentations or Upload your own.

2 de abril de 2013

PICTO TRADUCTOR DE APLEX FACTORY (GRUPO PROMEDIA SMPE ) CON PICTOGRAMAS ARASAAC.


Aplex Factory (Grupo Promedia SMPE ) presenta varias aplicacións desenroladas con pictogramas  de arasaac para a comunicación con personas con dificultades de expresión mediante a linguaxe oral.
Unha desas aplicacións é o pictotraductor que nos facilitará tanto a mestres como as familias o traballo.
Para ter mellores resultados é mellor rexistrarse porque nos permitirá engadir imaxes propias. É moi doado xa que escribimos a frase e de seguido aparecen as imaxes.
PINCHADE AQUÍ

PICTOCUENTOS DE APLEX FACTORY ( GRUPO PROMEDIA SMPE ) CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC.

Aplex Factory (Grupo Promedia SMPE) presenta varias aplicacións, desenroladas con pictogramas arasaac, para a comunicación con personas con dificultades de expresión mediante a linguaxe oral.
Unha desas aplicacións "los pictocuentos"  os motiva e estimula non só a exercitar a linguaxe senón tamén a entender mellor a súa contorna

PICTOSONIDOS DE APLEX FACTORY (GRUPO PROMEDIA) CON PICTOGRAMAS ARASAAC.

Aplex Factory (Grupo Promedia) presenta varias aplicacións , desenroladas con pictogramas arasaac , para a comunicación con personas con dificultades de expresión mediante a linguaxe oral.
Unha desas aplicacións , " os pictosonidos" , traballan o vocabulario asociado a distintos campos semánticos ( a granxa, o zoo, a casa, os transportes, a rúa...), facilitando a súa comprensión ao combinar a imaxe, a palabra e o son.

1 de abril de 2013

APRENDE XOGANDO CON PELAYO E A SÚA PANDA ( NEA INFANTIL ). ÁREA DE IDENTIDADE E AUTONOMÍA PERSOAL.

Recopilatorio das unidades didácticas de Educación Infantil , en formato multimedia da PLATAFORMA NEA , da Consellería de Educación do Principado de Asturias. Son 75 unidades didácticas ( 25 por cada Área ) e cada unha componse de seccións ( Atender, Xogar, Escoitar, ver e Tocar ).
Para imprimir ou gardar fichas da sección "Tocar" tedes que escribir con letra minúscula a palabra "nea" (esa é a clave).
Neste primeiro recopilatorio inclúense as 25 unidades da área de Identidade e Autonomía Persoal.
PINCHADE EN CADA IMAXE PARA IR ÁS DISTINTAS UNIDADES.  

APRENDE XOGANDO CON PELAYO E A SÚA PANDA (NEA INFANTIL). ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO.

Recopilatorio das unidades didácticas de Educación Infantil en formato multimedia da PLATAFORMA NEA da Consellería de Educación do Principado de Asturias. Son 75 unidades (25 por cada Área) e cada unha delas componse de Seccións (Atender, Xogar, Escoitar, Ver e Tocar).
Para imprimir ou gardar fichas da Sección "TOCAR" tedes que escribir con letra minúscula a palabra "nea" (esa é a clave). Neste 2º recopilatorio inclúense as 25 unidades da Área de Coñecemento do Contorno.
PINCHADE EN CADA IMAXE PARA IR ÁS DISTINTAS UNIDADES.

APRENDE XOGANDO CON PELAYO E A SÚA PANDA (NEA INFANTIL). ÁREA DE COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Recopilatorio das unidades didácticas de Educación Infantil en formato multimedia da PLATAFORMA NEA da Consellería de Educación do Principado de Asturias. Son 75 unidades (25 por cada área) e cada unha componse de Seccións (Atender, Xogar, Escoitar, Ver e Tocar).
Para imprimir ou gardar Fichas da Sección "Tocar" tedes que escribir con letra minúscula a palabra "nea" (esa é a clave).
Neste 3º recopilatorio inclúense as 25 unidades da área de Comunicación e Representación.
PINCHADE EN CADA IMAXE PARA IR ÁS DISTINTAS UNIDADES.