25 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 1. INFANTIL 3 ANOS A, 3 ANOS B E 4 ANOS B. " ¿QUE CONTO SERÁ?"

Este ano o Equipo de  Normalización  Lingüística fixonos unha proposta moi atractiva para o día do libro (adiviñar un conto por medio dunhas pistas) e realizámola da seguinte forma :
1º) Concretamolo plan de traballo : Unha flor grande con nove petalos de cores laranxa, vermella e lila.Tres pistas (xoves 18 de abril, venres 19 de abril  e luns 22 de abril). Cada día pegarianse tres petalos (un de cada cor) no mural e en cada petalo os debuxos gañadores de cada aula (lazo laranxa, lazo vermello e lazo lila).
O martes 23 de abril contariamolo conto en cuestión.
2º) Un mural con fondo verde e moita herba que preparamos as profes (Ana, Belén, Eugenia e Sara) o luns, 15 de abril,  á tarde. Así quedou este misterioso mural ata o...
3º) Xoves, 18 de abril, no que cada unha na súa aula presentou a actividade misteriosa da forma máis atraente que puido .
                              1ª pista :  Deste conto fenomenal
                              o protagonista é un animal. 
To do ia ben ata que chegaron as votacións, cada un pensaba que o del era o mellor e despois de limalas asperezas tampouco  houbo acordos  e saian máis de un. Ao final optamos por subilos tres máis votados. (A verdade é que a decisión era dificil porque todos o fixeron moi ben).
4º) Venres, 19 de abril
                             2ª pista :  Seguro que algún neno
                             adiviña este animal  pequeno
5º) Luns, 22 de abril
                             3ª pista :  A miña nai é unha galiña 
                             e a miña cor é  amareliña.
Estaba moi facil porque é un conto que lles gusta moito aos máis pequenos e collenlle tanto apego que lles sigue gustando recordar de cando en vez  aos de 4 e 5 anos. ¿ Que terá o polo Pepe para seguir de actualidade e triunfante? pois que é curto, sinxelo, divertido, atraente, con sorpresa e con canción.
Igual me enredei un pouco na explicación pero entenderedela mellor coa seguinte presentación.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario