27 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Nesta  pequena presentación os nenos-as len o conto da editorial Kalandraka (a profe Eugenia é a que lle lo está ensinando) e logo representan un anaquiño do TOUPORROUTOU DA LÜA E DO SOL de Roberto Vidal Bolaño. Neste pequeno dialogo entre a lúa e o sol temos un montón de tomas falsas coma os actores de verdade (para collelo cebo, para facelos cregos, para comelos galos...). Gustoulles moito, riron a cachón e aprenderono axiña (tivemos que traballar un pouco  o vocabulario porque lles é moi alleo).

13 de mayo de 2013

¡MENUDO SUSTO! ¡QUE MEDO !

Mirade esta presentación e entenderedesnos ( que terrorificas foron con nos as profes Belén, Eugenia e o lobiño Andrés). Para comezar e máis na diapositiva 9 e 10 tedes que pulsar nun circuliño que se move  (cousas raras de Sara).

sara breijo's Slidely by Slidely Slideshow

ANIVERSARIO DE ANDRÉS

Andrés coma todos contou e recontou os días que lle quedaban para os seus 5 anos. Viña feliz pola mañá e tivemos que celebralo xa porque non calaba. Estaba nervioso e encantado mentras lle cantaban e o bicaban . Estivo moi cariñoso con todos-as e entregoulles a bolsa de larpeiradas cunha alegría desbordante. ¡PARABENS ANDRÉS!




10 de mayo de 2013

CANTOS QUE NAMORAN 4

Hai unha morea de contos que lles gustan os nenos-as pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados. Nesta cuarta presentación se pinchades na portada do  libro CD escoitaredes tódalas cancións e se pinchades nalgunhas das  imaxes dos contos veredes os videos de youtube que atopei.

CANTOS QUE NAMORAN 3

Hai unha morea de contos que lles gustan aos nenos-as, pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados. Nesta terceira presentación van máis ligazóns a videos de youtube porque o traballo é máis novedoso .

CANTOS QUE NAMORAN 2



Hai unha morea de contos que lles gustan aos nenos-as, pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados. Nesta segunda presentación van dúas ligazóns  de dous videos de youtube (non esquezades que os poden borrar en calqueira momento) e no reproductor tedes unhas mostras do blog de mamá cabra (non están completas).


CANTOS QUE NAMORAN 1



Hai unha morea de contos que lles gustan  aos nenos-as  pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados.  Nesta primeira presentación non vos poido enlazar cos videos porque foron borrados todos de youtube  e por cuestións de copyrigh no seguinte reproductor podedes escoitar unhas mostras do blog de Mamá Cabra (non están completas). Os nenos-as saben algunhas e gustanlles moito. Igual nos animamos e as imos subindo ao blog cantadas por eles.

6 de mayo de 2013

O NOSO AGASALLO PARA O DÍA DA NAI

Queridas nais os vosos fillos-as tiñan este pequeno agasallo para o día da nai que artellamos o venres na asamblea porque xurdiu na conversa que o primeiro domingo de maio era o día da nai (xa sabedes que no noso cole non  preparamos nunca nada para o día do pai nin da nai porque o tipo de familias é moi variado e non nos parece procedente violentar a nenos-as tan pequenos). Os nenos-as comentaban o moito que vos querían . Eu aconselleinos que vos fixeran o almorzo en segredo pedindolles axuda aos pais (o mesmiño que lles digo cando é o dái do pai). Logo comezaron a dicir que ian a debuxar corazóns, dar bicos, abrazos...En fin, xa vos podesdes imaxinala conversa, non tiña desperdicio porque fantasía non lles falta a ningún.
Entón propuxenlles subir esas mensaxes grabadas ao blog e estaban encantados. ao principio todo ia ben pero nalgún momentode  de despiste colleron a "TARXETA VISA ORO" e  comezou o consumismo e o copieteo...O peor de todo foi que esixian silencio para falar cada un pero de escoitalos demáis nadiña de nada.(Cada un elixiu a mensaxe do debuxo que máis lle gustou)  
Sinto moito non subilo o día da nai pero viaxei e esquecinme de vos. A verdade é que un agasallo deste tipo non ten día , calqueira día é bo para entender porque din ¡QUE NAI NON HAI MÁIS QUE UNHA!