6 de mayo de 2013

O NOSO AGASALLO PARA O DÍA DA NAI

Queridas nais os vosos fillos-as tiñan este pequeno agasallo para o día da nai que artellamos o venres na asamblea porque xurdiu na conversa que o primeiro domingo de maio era o día da nai (xa sabedes que no noso cole non  preparamos nunca nada para o día do pai nin da nai porque o tipo de familias é moi variado e non nos parece procedente violentar a nenos-as tan pequenos). Os nenos-as comentaban o moito que vos querían . Eu aconselleinos que vos fixeran o almorzo en segredo pedindolles axuda aos pais (o mesmiño que lles digo cando é o dái do pai). Logo comezaron a dicir que ian a debuxar corazóns, dar bicos, abrazos...En fin, xa vos podesdes imaxinala conversa, non tiña desperdicio porque fantasía non lles falta a ningún.
Entón propuxenlles subir esas mensaxes grabadas ao blog e estaban encantados. ao principio todo ia ben pero nalgún momentode  de despiste colleron a "TARXETA VISA ORO" e  comezou o consumismo e o copieteo...O peor de todo foi que esixian silencio para falar cada un pero de escoitalos demáis nadiña de nada.(Cada un elixiu a mensaxe do debuxo que máis lle gustou)  
Sinto moito non subilo o día da nai pero viaxei e esquecinme de vos. A verdade é que un agasallo deste tipo non ten día , calqueira día é bo para entender porque din ¡QUE NAI NON HAI MÁIS QUE UNHA!

3 comentarios:

  1. cristina dominguezmartes, 07 mayo, 2013

    bueno bueno muy bueno eres genial que suerte tienen nuestros hijos con la profe que tienen por que es maravillosa me gusto mucho pero mucho

    ResponderEliminar
  2. Me encanta, menudo regalo!! Cada vez que llega correo de OLLADE, lo abro ilusionada Muchas gracias profe, eres un sol!!

    ResponderEliminar
  3. É o mellor agasallo que nos poideron facer os nosos fillos, e todo gracias a tí Sara, moitísimas grazas!
    Sonia Gonzalez

    ResponderEliminar