31 de diciembre de 2013

XOVES,19/12/2013, VISITA DE PAPÁ NOEL

Os nenos parecían pitiños fervendo coas súas cartas preparadas para recibir a Papá Noel e os seus trasgos. ¡Qué nervios!.
Nun principio quedaron impresionados porque Papá Noel non traía a súa barba branca (como viramos na peli "o aprendiz de Papá Noel" que se lle queimou, desculpárono; pero tampouco traía saco senon unha manta a cadros (para o frío da viaxe) e ademáis era rockero...
Pouco lles durou a impresión, esqueceronse da carta e o pavillón converteuse nunha discoteca na que profes e nenos se sueltaron a melena e gozaron a lume de biqueira (es decir, disfrutaron a tope).
Adiantovos que o video parece unha moviola porque son anacos fusionados do que fun gravando sen estarme quietiña, pero comprobaredes o ben que o pasamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario