28 de mayo de 2014

O LOBO E OS SETE CABUXOS.

Para celebrar o Día das Letras Galegas e coñecer a nosa lingua...o pai de Diego G, Roberto, ofreceuse a contarnos un conto en galego. O escollido foi "O Lobo e os 7 Cabuxos". Para iso trouxeron o libro e uns preciosos debuxos-murais para secuenciar a historia que eles mesmos elaboraron. Como podedes ver os debuxos son espectaculares e a historia gustou tanto que pai e fillo decidiron deixar os debuxos na clase para poder seguir contando o conto no recanto da biblioteca.
Para amosarvos o bo facer de pai e fillo e o atentísimos que estabamos á historia aquí tedes un vídeo MOITÍSIMAS GRAZAS ROBERTO!!!

1 comentario:

  1. Grazas a ti, Miriam. Non nos cansaremos de agradecer o teu compromiso cos nenos e seres a locomotora que tira dos pais para implicarnos en todas estas inciativas de participación conxunta nas clases.
    Amais, son unha audiencia moi esixente (ufff) pero tamén moi agradecida, e os seur sorrisos merecen pasar un ratiño de tensión...

    ResponderEliminar