6 de noviembre de 2014

A NOSA AULA NO OUTONO

A aula é moi importante que sexa un lugar estimulante, agradable e que teña tamén as súas pegadas -  - polo que no mural do outono :
1) picotearon e arrastraron plastilina nunha árbore e noutra esgazaron e pegaron papel de seda; logo a profe embadurnou con cola blanca e alkil e quedou la mar de ben.
2) Pintaron co dedo cogomelos e cando secaron pegaronlle gomets.
3) Mollamola man nun barreño de pintura e logo estampamolas nas árbores a modo de follas.
4) Pintamos nubes con pincel
 - A profe preparou follas e cabazas en acetato para facer vidrieras para as nosas ventanas e eles :
1) Pegaron papeis de seda nas cores do outono nas follas e
2) Arrastraron plastilina nas cabazas e logo a profe embadurnou con cola blanca e listas.
 - Pintaron con cera branda tódolos froitos de outono e logo a profe recortounos (así non se ve que aínda nos saimos moito e que o noso piquiño ten que ir ao hospital á cotio)  e pegounos en banderíns ¡Quedaron chulis, chulis!
3) Pintaron unha folla natural con pintura branca e logo con negro fixemos ollos, boca e nariz (porque para eles todo ten vida, todo é animado)
4) Fixeron unha especie de araña con plastilina negra (un redondo , churros e boliñas para ollos) e a profe volveu a embadurnar.
5) A profe fixo mazás en goma eva para a nosa árbore.
En resumo que entramos no outono en vez de na aula e xa pillamos tódalas súas características.

Click to play this Smilebox slideshow
Free photo slideshow generated with Smilebox

1 comentario:

  1. Quedamos pasmados con estas cabazas tan espectaculares que fixeron nas casa! Que bonitas luciron na aula, que xa de por sí está moi fermosa coas cores do outono e o traballo dos nenos. Gracias por compartilo!

    ResponderEliminar