DURANTE A SEMANA SANTA CLARA FIXO UNHA RECEITA SUÍZA CO SEU PAI E MAILA AVOA: ESTAMPAR OVOS DE PASCUA.
PARECEUNOS UN EXPERIMENTO TAN MÁXICO QUE DECIDIMOS COLGALO NO BLOGUE POR SE QUEREDES FACELO NA CASA.
PASOS PARA ESTAMPAR OVOS DE PASCUA
1. COLLEMOS OS OVOS E POÑÉMOSLLE UNHA FLOR ENRIBA OU FOLLAS DE CALQUERA PLANTA.
2. ENVOLVEMOS CON MOITO COIDADO OS OVOS COA FLOR ELIXIDA NUNHA MEDIA FINA OU UN "EXECUTIVO" DE COR CLARA. FACEMOS UN NÓ PARA QUE AS FOLLAS NON SE MOVAN.
3.PREPARAMOS UNHA POTA CON AUGA E METEMOS DENTRO DELA CÁSCARAS DE CEBOLAS.
4. COCEMOS NESA AUGA OS OVOS PREPARADOS CO TEMPO DE COCIÓN NORMAL DOS OVOS.
5.POR ÚLTIMO, RETIRÁMOLOS DA POTA CANDO ESTEAN LISTOS E DESENVOLVÉMOLOS QUITÁNDOLLES AS FLORES OU FOLLAS. DESTE XEITO NO OVO QUEDARÁ O DEBUXO DA PLANTA QUE SE LLE PUXERA.
SE O OVO NON ESCACHA PODE CONSERVARSE ASÍ MOITO TEMPO. COMO VEDES CLARA TAMÉN PUXO O SEU NOME.
GRAZAS A CLARA E Á FAMILIA POR APORTAR UNHA ACTIVIDADE TAN DIVERTIDA E ORIXINAL E AMOSARNOS CÓMO FACELA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario