11 de noviembre de 2015

DÍA DO PEÓN 2015

Unha vez máis e seguramente a última, tivemos a grandísima sorte de contar no cole cos fantásticos músicos e cantantes, os tíos de Carmen (1º de EP) e Lucía (6º EI).
Temos que agradecer o seu fantástico traballo tanto didáctico como musical, aínda que non nos chegan as palabras para agradecer todo o que nos aportaron e o moitísimo que desfrutamos con esta actividade.

Como vedes, o día do Peón foi unha festa en Educación Infantil, xiramos como buxainas ó ritmo das cantigas  e xogamos cos peóns que fixemos. Grazas profe Sara pola túa fantástica idea de facer un peón en plastilina. Encantóunos!!!

Estas son algunhas das cantigas para que as podades cantar tamén na casa.
 As buxainas
La tienda de churros

Parabará Robin Hood
La vaca lechera

1 comentario:

  1. Moitas grazas a vós por convidarnos. Unha experiencia, coma sempre, fantástica. Ata cando queirades!

    ResponderEliminar