Neste segundo trimestre abordamos o terceiro e último bloque deste proxecto: a Escola. O conto de Sabela "O tesouro da escola" motivounos a investigar cómo é a nosa propia escola: as dependencias da mesma e a situación no plano dos espazos coñecidos. Todas as visitas que fixemos para coñecer o cole foron grazas á participación de todo o profesorado do centro. Dende aquí queremos darlles as grazas a todos e todas por dar resposta ás nosas dúbidas e por amosarnos a súa labor no centro.
As visitas polo centro axudáronnos non só a entender a utilidade dos espazos (para qué sirven ou para que os utilizamos) senón para coñecelos a través dos sentidos: tacto, olfacto, oído e vista. Tamén nos aproximaron ó cambio de etapa que vamos a vivir o seguinte curso e coñecer espazos novos que non coñecíamos.
VISITA Ó COLE CON MARIELA.
PARA CASE FINALIZAR O PROXECTO DE SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI, PERO QUE MOI ESPECIAL. FOI A VISITA POLO COLE CON MARIELA QUE ESTÁ EN PRIMEIRO DE PRIMARIA.
CARMEN E BEGOÑA, DÚAS DAS COIDADORAS, ACOMPAÑÁRONNOS NESTA VISITA E NOS ENSINARON UN MONTÓN DE COUSAS.
MARIELA AMOSOUNOS COMO MOVERSE POLO COLE SE VAS EN CADEIRA DE RODAS OU CON MULETAS. ADEMÁIS DE USAR AS RAMPAS EN LUGAR DAS ESCALEIRAS, E AGORA XA SABEMOS QUE HAI MOITÍSIMAS ESCALEIRAS NO NOSO COLE, ENCANTÓUNOS SUBIR NO ASCENSOR. COÑECIMOS TAMÉN OS BAÑOS ADAPTADOS E A GRÚA QUE NACHO QUIXO PROBAR. E POR SUPOSTO, ENTRAMOS NA CLASE DE MARIELA, FALAMOS COA SÚA PROFE, FE, E OBSERVAMOS A MESA ADAPTADA NA QUE MARIELA Ó IGUAL QUE OS SEUS COMPAÑEIROS PODE TRABALLAR NA AULA. MARIELA, QUE FOI UNHA FANTÁSTICA GUÍA DEIXOUNOS PROBAR A CADEIRA DE RODAS, NADIA E ANDRÉ DIXERON QUE NON ERA DOADO MANEXALA. Ó FINAL DA VISITA ENTREGAMOS A MARIELA UNS AGASALLOS QUE FIXEMOS NÓS MESMOS E FIXEMOS UNHA FANTÁSTICA FOTO COA NOSA GUÍA.
AS NENAS, NENOS E PROFES DO LAZO VERDE E AMARELO QUEREMOS DAR AS GRAZAS EN PRIMEIRO LUGAR A MARIELA POR GUIARNOS POLO COLE, POR DEIXARNOS A SÚA CADEIRA DE RODAS,POR ENSINARNOS A SÚA AULA...E ESPECIALMENTE POLA SÚA ALEGRÍA E SORRISO PERMANENTE.
E POR SUPOSTO GRAZAS ÁS COIDADORAS CARMEN, POR SER A NOSA CÓMPLICE E ARGALLAR A ACTIVIDADE CON NÓS, E BEGOÑA POR AXUDARNOS NESTA VIAXE E PARTICIPAR ACTIVAMENTE.
NON PODO ESQUECER A COLABORACIÓN DA PROFE FE, CÓMPLICE TAMÉN DESTA ACTIVIDADE, QUE NOS AMOSOU A SÚA AULA, RESPOSTOU ÁS NOSAS DÚBIDAS E ADEMÁIS NOS ANIMOU NO NOSO PASO A PRIMARIA.
GRAZAS TAMÉN Á PROFE NURIA POR ACOMPAÑARNOS NESTA VISITA E SEMPRE EN TODAS AS ACTIVIDADES.
MOITAS PERO QUE MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!
Espectacular trabajo Miriam. Enhorabuena a todos: las profes, los alumnos y todos los que colaboraron en esta inmejorable manera de vivir e interpretar nuestro entorno.
ResponderEliminarY es impresionante cómo niños de 5 años son capaces de plasmarlo en sus dibujos.
Lo dicho, iniciativa para recordar y repetir. Parabens!