Un pirata ten que ter unha canción e moito máis cando está de farra cunha botella de ron , pero os nosos piratillas saben que esas bebidas non son boas e por iso o seu heroe é o PIRATA ABSTEMIO (BARTHOLOMEW ROBERTS) que so bebía té. Nos cantaremos cun iogur bebible e para iso necesitamos aprender algunhas cancións e elexila a máis doada
6 de febrero de 2013
5 de febrero de 2013
XOGO DE PIRATAS
Estamos a voltas cos piratas e os nenos-as están encantados con este tema de traballo. Este é un dos xogos que lles gusta.
¡Xogo de piratas!
XOGOS
¡Xogo de piratas!
XOGOS
25 de enero de 2013
REACCIÓN A VISITA DO PIRATA MAJARETA
Eu estaba agardando que chegaran coa cámara preparada para grabar todo o que me contaran da visita, pero como veredes corrimos moito perigo tanto a cámara coma eu porque casi acabamos no chan e comezaron a rodearme , falando todos a un tempo, auténticos pitiños fervendo e quedeime coas ganas, máis como din que unha foto vale máis que mil palabras...O que me quedou claro e que a viviron intensamente.
A VISITA DO PIRATA MAJARETA
Estamos a voltas cos piratas e como motivación artellamos a visita do Pirata Majareta, un pirata que quedou mudo ao quedarselle enroscada un rabo dunha rata na garganta ( unha rata xigante que criou con toda a súa maldade e carraxe o pirata Turuleta)...Os nenos-as levaban días agardando a súa visita e por fin chegou ese día... Estaban eles na PDI coa súa profe de música snbsp;(Mónica) e tamén coa profe de inglés (Eugenia) que portaba unha cámara de video ....cando chegou o afamado pirata... Bueno isto foi o que os nenos-as me contaron cando voltaron a nosa aula onde eu estaba a traballar....Viñan moi nerviosos e alborotados porque pensaban que era eu e como me viron sentadiña e sin disfrazar, os seus nervios aumentaron e todos falaban a un tempo... unha toleria... e por fin entregaronme unha caixa que lles deixou Majareta cargadiña de traballos para facer.
OS NOSOS VIDEOS
OS NOSOS VIDEOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)