25 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 3. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B , 4 ANOS A. O AUDITORIO PREPARASE PARA A CANCIÓN.

Agora imonos a preparar para escoitala canción do Polo Pepe : mover as ás como os poliños, cacarear , piar , e  cantar... pero moitos (aínda que a cámara só recolle unha zona)  tomarono moi en serio e tamén se dedican a limpeza dos salóns porque estamos de festa ( é o que lles digo eu os da miña aula cando se meten a man no nariz "chicos non limpedes o salón  que mañá non hai festa e rin un montón, pero sacan o dedo  de inmediato).

DÍA DO LIBRO 2. INFANTIL 3 ANOS A , 3 ANOS B E 4 ANOS A. " CONTO DO POLO PEPE"

Chegou o 23 de abril, día do libro, e os nenos-as están esperando polo prometido conto , sentamonos moi xuntiños  e escoitamola profe Belén que  nolo narra moi ben.

DÍA DO LIBRO 1. INFANTIL 3 ANOS A, 3 ANOS B E 4 ANOS B. " ¿QUE CONTO SERÁ?"

Este ano o Equipo de  Normalización  Lingüística fixonos unha proposta moi atractiva para o día do libro (adiviñar un conto por medio dunhas pistas) e realizámola da seguinte forma :
1º) Concretamolo plan de traballo : Unha flor grande con nove petalos de cores laranxa, vermella e lila.Tres pistas (xoves 18 de abril, venres 19 de abril  e luns 22 de abril). Cada día pegarianse tres petalos (un de cada cor) no mural e en cada petalo os debuxos gañadores de cada aula (lazo laranxa, lazo vermello e lazo lila).
O martes 23 de abril contariamolo conto en cuestión.
2º) Un mural con fondo verde e moita herba que preparamos as profes (Ana, Belén, Eugenia e Sara) o luns, 15 de abril,  á tarde. Así quedou este misterioso mural ata o...
3º) Xoves, 18 de abril, no que cada unha na súa aula presentou a actividade misteriosa da forma máis atraente que puido .
                              1ª pista :  Deste conto fenomenal
                              o protagonista é un animal. 
To do ia ben ata que chegaron as votacións, cada un pensaba que o del era o mellor e despois de limalas asperezas tampouco  houbo acordos  e saian máis de un. Ao final optamos por subilos tres máis votados. (A verdade é que a decisión era dificil porque todos o fixeron moi ben).
4º) Venres, 19 de abril
                             2ª pista :  Seguro que algún neno
                             adiviña este animal  pequeno
5º) Luns, 22 de abril
                             3ª pista :  A miña nai é unha galiña 
                             e a miña cor é  amareliña.
Estaba moi facil porque é un conto que lles gusta moito aos máis pequenos e collenlle tanto apego que lles sigue gustando recordar de cando en vez  aos de 4 e 5 anos. ¿ Que terá o polo Pepe para seguir de actualidade e triunfante? pois que é curto, sinxelo, divertido, atraente, con sorpresa e con canción.
Igual me enredei un pouco na explicación pero entenderedela mellor coa seguinte presentación.    

24 de abril de 2013

MANDADOS DO ANTROIDO 2013 : A PROFE ANA E A SÚA TRIBU DE 3 ANOS A

 Queridos papis cumpristedes  moi ben os mandadiños e como recompensa tedes este premio ¡espero que vos guste!. A titora dos vosos fillo-as (ANA).