Chegou o 23 de abril, día do libro, e os nenos-as están esperando polo prometido conto , sentamonos moi xuntiños e escoitamola profe Belén que nolo narra moi ben.
25 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO 1. INFANTIL 3 ANOS A, 3 ANOS B E 4 ANOS B. " ¿QUE CONTO SERÁ?"
Este ano o Equipo de Normalización Lingüística fixonos unha proposta moi atractiva para o día do libro (adiviñar un conto por medio dunhas pistas) e realizámola da seguinte forma :
1º) Concretamolo plan de traballo : Unha flor grande con nove petalos de cores laranxa, vermella e lila.Tres pistas (xoves 18 de abril, venres 19 de abril e luns 22 de abril). Cada día pegarianse tres petalos (un de cada cor) no mural e en cada petalo os debuxos gañadores de cada aula (lazo laranxa, lazo vermello e lazo lila).
O martes 23 de abril contariamolo conto en cuestión.
2º) Un mural con fondo verde e moita herba que preparamos as profes (Ana, Belén, Eugenia e Sara) o luns, 15 de abril, á tarde. Así quedou este misterioso mural ata o...
3º) Xoves, 18 de abril, no que cada unha na súa aula presentou a actividade misteriosa da forma máis atraente que puido .
1ª pista : Deste conto fenomenal
o protagonista é un animal.
To do ia ben ata que chegaron as votacións, cada un pensaba que o del era o mellor e despois de limalas asperezas tampouco houbo acordos e saian máis de un. Ao final optamos por subilos tres máis votados. (A verdade é que a decisión era dificil porque todos o fixeron moi ben).
4º) Venres, 19 de abril
2ª pista : Seguro que algún neno
adiviña este animal pequeno
5º) Luns, 22 de abril
3ª pista : A miña nai é unha galiña
e a miña cor é amareliña.
Estaba moi facil porque é un conto que lles gusta moito aos máis pequenos e collenlle tanto apego que lles sigue gustando recordar de cando en vez aos de 4 e 5 anos. ¿ Que terá o polo Pepe para seguir de actualidade e triunfante? pois que é curto, sinxelo, divertido, atraente, con sorpresa e con canción.
Igual me enredei un pouco na explicación pero entenderedela mellor coa seguinte presentación.

24 de abril de 2013
MANDADOS DO ANTROIDO 2013 : A PROFE ANA E A SÚA TRIBU DE 3 ANOS A
Queridos papis cumpristedes moi ben os mandadiños e como recompensa tedes este premio ¡espero que vos guste!. A titora dos vosos fillo-as (ANA).
5 de abril de 2013
PIRATAS FAMOSOS
A tripulación do Pirata Majareta xa é famosa e "codease" con personaxes de alta alcurnia como veredes na seguinte presentación.(PASADE AS DIAPOSITIVAS COAS FRECHAS DE ABAIXO)
View more presentations or Upload your own.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)