6 de mayo de 2013

O NOSO AGASALLO PARA O DÍA DA NAI

Queridas nais os vosos fillos-as tiñan este pequeno agasallo para o día da nai que artellamos o venres na asamblea porque xurdiu na conversa que o primeiro domingo de maio era o día da nai (xa sabedes que no noso cole non  preparamos nunca nada para o día do pai nin da nai porque o tipo de familias é moi variado e non nos parece procedente violentar a nenos-as tan pequenos). Os nenos-as comentaban o moito que vos querían . Eu aconselleinos que vos fixeran o almorzo en segredo pedindolles axuda aos pais (o mesmiño que lles digo cando é o dái do pai). Logo comezaron a dicir que ian a debuxar corazóns, dar bicos, abrazos...En fin, xa vos podesdes imaxinala conversa, non tiña desperdicio porque fantasía non lles falta a ningún.
Entón propuxenlles subir esas mensaxes grabadas ao blog e estaban encantados. ao principio todo ia ben pero nalgún momentode  de despiste colleron a "TARXETA VISA ORO" e  comezou o consumismo e o copieteo...O peor de todo foi que esixian silencio para falar cada un pero de escoitalos demáis nadiña de nada.(Cada un elixiu a mensaxe do debuxo que máis lle gustou)  
Sinto moito non subilo o día da nai pero viaxei e esquecinme de vos. A verdade é que un agasallo deste tipo non ten día , calqueira día é bo para entender porque din ¡QUE NAI NON HAI MÁIS QUE UNHA!

29 de abril de 2013

TRABALLANDO NOS RECUNCHOS

Cada día traballamos nun recuncho diferente así cada semana pasamos tod@s por todos os recunchos. Mirade como traballamos.

28 de abril de 2013

O FORMIGUEIRO

Neste xogo traballase a serie numérica de xeito decrecente e a introducción á resta.
















http://www.vedoque.com/juego.php?j=hormiguero.swf&ancho=600&alto=450

XOGA COS VERMES

Neste xogo asocian grafía, número, cantidade, comparan ...
















http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=gusano-vedoque&l=es