31 de diciembre de 2013

19/12/2013 FOTOS DA VISITA DE PAPÁ NOEL-1

Ese día só fixen unhas fotos da multitude bailando polo que saíron movidillas, pero non puiden perder a gran instantanea de Alberto. Ao noso Alberto é dificil retratalo, pero nesta ocasión algo chamou a súa atención e foise dereito a por iso. Era a campá que levaba Papá Noel na súa man o que lle atraeu. Papá Noel estivo agudo e deixoulla sentandoo no seu colo o tempo xusto para que lles fixese a foto.

XOVES,19/12/2013, VISITA DE PAPÁ NOEL

Os nenos parecían pitiños fervendo coas súas cartas preparadas para recibir a Papá Noel e os seus trasgos. ¡Qué nervios!.
Nun principio quedaron impresionados porque Papá Noel non traía a súa barba branca (como viramos na peli "o aprendiz de Papá Noel" que se lle queimou, desculpárono; pero tampouco traía saco senon unha manta a cadros (para o frío da viaxe) e ademáis era rockero...
Pouco lles durou a impresión, esqueceronse da carta e o pavillón converteuse nunha discoteca na que profes e nenos se sueltaron a melena e gozaron a lume de biqueira (es decir, disfrutaron a tope).
Adiantovos que o video parece unha moviola porque son anacos fusionados do que fun gravando sen estarme quietiña, pero comprobaredes o ben que o pasamos.

POLO NADAL ,19 /12/2013 : OBRA DE TEATRO DE 4º DE PRIMARIA : "FOTO DE NADAL"

A profe ISABEL de 4º de primaria é unha gran afeccionada ás obras de teatro. Esta vez planificou os días para que todo o cole puidesemos vela. Aos de Educación Infantil tocounos vela o xoves 19 de decembro ás 9,00  da mañá.
Moitas grazas profe Isabel e parabén polo teu fructifero traballo.
A obra que podedes ver no seguinte vídeo é moi divertida e titúlase "Foto de Nadal". Os actores son sensacionais e mesmo chegaron a interactuar co público. ¡Bravo,bravo...toda unha canteira de actores de teatro estes nenos de 4º!.
No vídeo hai un gran preambulo
ata que logramos colocar a todo o auditorio de infantil para ver a obra (150 nenos case nada) . Gustoulles moito porque estiveron moi caladiños e atentos. Cando finalizou aplaudiron a rabiar.


29 de diciembre de 2013

ENTREGA DO PREMIO DE POSTAIS DO NIVEL DE E.I. A ROI

ROI TARRÍO OUTEIRIÑO , O GAÑADOR NO NIVEL DE INFANTIL DO CONCURSO DE POSTAIS CONVOCADO POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. FAI  ENTREGA DO PREMIO O COORDINADOR DO EQUIPO, DON LUIS OTERO CEBRAL, E O COORDINADOR DO EQUIPO DE TIC, DON ÁNGEL LÓPEZ EIRIZ QUE NESTA OCASIÓN FAI DE RETRATISTA.
NA FELICITACIÓN "FELIZ ANO FAMILIAS" PODEDES VER TODAS AS POSTAIS DA AULA DE 5 AÑOS B-LAZO LARANXA. COMO FINALISTAS QUEDARON CECILIA, LEO E LEIRE (E MOITOS NENOS-AS DAS OUTRAS AULAS DE INFANTIL, PERO NON ME LEMBRO DO NOME DE TODOS-AS).
A VERDADE É QUE OS NENOS-AS SE ESMERARON DEBUXANDO E TODOS O FIXERON MOI BEN PORQUE SON UNS AUTENTICOS ARTISTAS OS NENOS DE E.I  DO CONCEPCIÓN ARENAL.
A CERIMONIA DA ENTREGA DE PREMIO FOI RÁPIDA POLAS MOITAS ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS DE ESE DÍA, PERO SEGURO QUE A ROI NON SE LLE ESQUECERÁ.
PARABÉNS ROI.