22 de febrero de 2016

SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS: COLOFÓN FINAL.

Este proxecto motivou tanto ós nenos e nenas do lazo verde e amarelo que as titoras, o resto do cole e incluso as familias contaxiáronse deste entusiasmo.
Tivemos a grandísima sorte de contar, unha vez máis, coa desinteresada colaboración  do pai de Diego G, que ademáis de aportar os seus coñecementos sobre o tema, agasallounos cunha fantástica maqueta a escala do noso centro.


  Irene do lazo lila e Diego G. do lazo verde posan orgullosos coa maqueta que fixo o seu pai, un recordo que de seguro quedará na súa memoria pero tamén na nosa.
 Para todos os que queirades desfrutar desta fermosa maqueta atópase temporalmente situada entre a aula do lazo verde e do lazo azul. Posteriormente tentaremos buscarlle o lugar idóneo no centro para que toda a comunidade educativa poda desfrutar dela sen que sufra ningún daño.
Moitas grazas de novo ó pai de Diego e Irene e a todas as familias do centro por aportar sempre algo á escola.



21 de febrero de 2016

SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS PARTE 3.

Neste segundo trimestre abordamos o terceiro e último bloque deste proxecto: a Escola. O conto de Sabela "O tesouro da escola" motivounos a investigar cómo é a nosa propia escola: as dependencias da mesma e a situación no plano dos espazos coñecidos. Todas as visitas que fixemos para coñecer o cole foron grazas á participación de todo o profesorado do centro. Dende aquí queremos darlles as grazas a todos e todas por dar resposta ás nosas dúbidas e por amosarnos a súa labor no centro. As visitas polo centro axudáronnos non só a entender a utilidade dos espazos (para qué sirven ou para que os utilizamos) senón para coñecelos a través dos sentidos: tacto, olfacto, oído e vista. Tamén nos aproximaron ó cambio de etapa que vamos a vivir o seguinte curso e coñecer espazos novos que non coñecíamos.

VISITA Ó COLE CON MARIELA. PARA CASE FINALIZAR O PROXECTO DE SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS TIVEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI, PERO QUE MOI ESPECIAL. FOI A VISITA POLO COLE CON MARIELA QUE ESTÁ EN PRIMEIRO DE PRIMARIA. CARMEN E BEGOÑA, DÚAS DAS COIDADORAS, ACOMPAÑÁRONNOS NESTA VISITA E NOS ENSINARON UN MONTÓN DE COUSAS. MARIELA AMOSOUNOS COMO MOVERSE POLO COLE SE VAS EN CADEIRA DE RODAS OU CON MULETAS. ADEMÁIS DE USAR AS RAMPAS EN LUGAR DAS ESCALEIRAS, E AGORA XA SABEMOS QUE HAI MOITÍSIMAS ESCALEIRAS NO NOSO COLE, ENCANTÓUNOS SUBIR NO ASCENSOR. COÑECIMOS TAMÉN OS BAÑOS ADAPTADOS E A GRÚA QUE NACHO QUIXO PROBAR. E POR SUPOSTO, ENTRAMOS NA CLASE DE MARIELA, FALAMOS COA SÚA PROFE, FE, E OBSERVAMOS A MESA ADAPTADA NA QUE MARIELA Ó IGUAL QUE OS SEUS COMPAÑEIROS PODE TRABALLAR NA AULA. MARIELA, QUE FOI UNHA FANTÁSTICA GUÍA DEIXOUNOS PROBAR A CADEIRA DE RODAS, NADIA E ANDRÉ DIXERON QUE NON ERA DOADO MANEXALA. Ó FINAL DA VISITA ENTREGAMOS A MARIELA UNS AGASALLOS QUE FIXEMOS NÓS MESMOS E FIXEMOS UNHA FANTÁSTICA FOTO COA NOSA GUÍA. AS NENAS, NENOS E PROFES DO LAZO VERDE E AMARELO QUEREMOS DAR AS GRAZAS EN PRIMEIRO LUGAR A MARIELA POR GUIARNOS POLO COLE, POR DEIXARNOS A SÚA CADEIRA DE RODAS,POR ENSINARNOS A SÚA AULA...E ESPECIALMENTE POLA SÚA ALEGRÍA E SORRISO PERMANENTE. E POR SUPOSTO GRAZAS ÁS COIDADORAS CARMEN, POR SER A NOSA CÓMPLICE E ARGALLAR A ACTIVIDADE CON NÓS, E BEGOÑA POR AXUDARNOS NESTA VIAXE E PARTICIPAR ACTIVAMENTE. NON PODO ESQUECER A COLABORACIÓN DA PROFE FE, CÓMPLICE TAMÉN DESTA ACTIVIDADE, QUE NOS AMOSOU A SÚA AULA, RESPOSTOU ÁS NOSAS DÚBIDAS E ADEMÁIS NOS ANIMOU NO NOSO PASO A PRIMARIA. GRAZAS TAMÉN Á PROFE NURIA POR ACOMPAÑARNOS NESTA VISITA E SEMPRE EN TODAS AS ACTIVIDADES. MOITAS PERO QUE MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

20 de febrero de 2016

PAZ 2016

 NUESTROS MENSAJES DE PAZ

Seleccionamos en periódicos imágenes de Paz y de no Paz y escribimos mensajes/palabras de Paz en nuestro cristal del aula.

LA PAZ ES...

Que unamos nuestras manos!!!


ARTE Y PAZ

Collares de pasta blanca.

Estampar de colores el símbolo de la paz.

ARTE Y JUEGOS CON EL LENGUAJE. El trabajo de la Paz se extendió con juegos con el lenguaje:sopas de letras, errores...hasta el juego del Ahorcado.

MUÑECOS DE NIEVE globos y sal



La mamá de Marta nos dió una genial y preciosa idea: hacer muñecos de nieve con globos y sal. Por si queréis repetir la experiencia en casa podéis ver cómo lo hicimos en...

  http://mimi-miniarte.blogspot.com.es/2016/02/invierno-muneco-de-nieve-con-globos-y.html

Dió bastante trabajo...pero ¿a que nos quedaron chulísimos???