10 de mayo de 2013

CANTOS QUE NAMORAN 3

Hai unha morea de contos que lles gustan aos nenos-as, pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados. Nesta terceira presentación van máis ligazóns a videos de youtube porque o traballo é máis novedoso .

CANTOS QUE NAMORAN 2



Hai unha morea de contos que lles gustan aos nenos-as, pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados. Nesta segunda presentación van dúas ligazóns  de dous videos de youtube (non esquezades que os poden borrar en calqueira momento) e no reproductor tedes unhas mostras do blog de mamá cabra (non están completas).


CANTOS QUE NAMORAN 1



Hai unha morea de contos que lles gustan  aos nenos-as  pero nesta ocasión imos a mostrar unha serie deles que serviron de inspiración para ser cantados.  Nesta primeira presentación non vos poido enlazar cos videos porque foron borrados todos de youtube  e por cuestións de copyrigh no seguinte reproductor podedes escoitar unhas mostras do blog de Mamá Cabra (non están completas). Os nenos-as saben algunhas e gustanlles moito. Igual nos animamos e as imos subindo ao blog cantadas por eles.

6 de mayo de 2013

O NOSO AGASALLO PARA O DÍA DA NAI

Queridas nais os vosos fillos-as tiñan este pequeno agasallo para o día da nai que artellamos o venres na asamblea porque xurdiu na conversa que o primeiro domingo de maio era o día da nai (xa sabedes que no noso cole non  preparamos nunca nada para o día do pai nin da nai porque o tipo de familias é moi variado e non nos parece procedente violentar a nenos-as tan pequenos). Os nenos-as comentaban o moito que vos querían . Eu aconselleinos que vos fixeran o almorzo en segredo pedindolles axuda aos pais (o mesmiño que lles digo cando é o dái do pai). Logo comezaron a dicir que ian a debuxar corazóns, dar bicos, abrazos...En fin, xa vos podesdes imaxinala conversa, non tiña desperdicio porque fantasía non lles falta a ningún.
Entón propuxenlles subir esas mensaxes grabadas ao blog e estaban encantados. ao principio todo ia ben pero nalgún momentode  de despiste colleron a "TARXETA VISA ORO" e  comezou o consumismo e o copieteo...O peor de todo foi que esixian silencio para falar cada un pero de escoitalos demáis nadiña de nada.(Cada un elixiu a mensaxe do debuxo que máis lle gustou)  
Sinto moito non subilo o día da nai pero viaxei e esquecinme de vos. A verdade é que un agasallo deste tipo non ten día , calqueira día é bo para entender porque din ¡QUE NAI NON HAI MÁIS QUE UNHA!